Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
luns, 23 de abril de 2018
DÍA DO LIBRO
Esta tarde no noso cole celebramos o día do libro con diferentes actos:
primeiro abrimos con moitisíma ilusión a caixa que nos mandaron os nos@s amig@s de Oímbra, encantáronnos os seus marcapáxinas sobre a música. Moitas grazas compis, agardamos que os nosos tamén vos gustaran!!
Despois pegamos na biblioteca os carteis que fixeron @s nen@s máis maiores do cole, quedaron moi chulos!!
E por último, rematamos o mural conmemorativo no que levamos traballando dende a semana pasada, ten algo de cada un dos nen@s do cole, porque todos colaboramos e quedounos precioso!!
Aquí vos deixamos un resumo do noso día do libro
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario