mércores, 31 de maio de 2023

DO HORTO AO COMEDOR!!


Durante esta semana recollemos leitugas e tomates cherry do noso horto para comer no comedor! estaban riquísimos!!


martes, 30 de maio de 2023

PARABÉNS NADIA!!!

 Hoxe Nadia está de cumple e na clase de 5 anos fixemos festa para celebralo. Grazas pola merenda! PARABÉNS NADIA!!



venres, 26 de maio de 2023

PARABÉNS ZEUS!!!

 Hoxe na clase dos maiores festexamos o cumple Zeus!!  convidounos a merendar tarta, moitas grazas! PARABÉNS ZEUS!!



mércores, 24 de maio de 2023

SESIÓN DE CONTACONTOS

 Hoxe os nenos de infantil, xunto cos pequenos das Casas Niño de Castrelo e Pepín, desfrutamos dunha sesión de contacontos con Sabela Gago. Pasámolo xenial!!





venres, 19 de maio de 2023

II CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS

No cole de Castrelo conmemoramos o día das letras galegas correndo!!
Por segundo ano, fixemos carreiras en  diferentes categorías, nas que ademáis de correr, pasámolo xenial. Aprendemos que non sempre se gaña, que o máis importante é participar e que aínda que soamente os tres primeiros levan medalla, todos tivemos un premio por participar!!


sábado, 13 de maio de 2023

NO HORTO

 

Como andamos moi atareados con mil cousas, tiñamos o horto un pouco descoidado, o otro día démonos conta de que as tomateiras que plantamos no EcoAgro xa tiñan tomates maduros, pero tiñamos que transplantalas porque xa medaran moito, as leitugas estaban enormes e xa había amorodos maduros, pero tivemos que arrincar as herbas malas... O venres pasamos un tempo moi divertido e traballoso no horto!




venres, 12 de maio de 2023

IMOS A PRIMARIA!!

 Na clase de 5 anos xa comezamos coa conta atrás... Quédanos moi pouquiño en infantil pero ímos disfrutalo moito preparando a nosa graduación. De momento xa decoramos a porta da nosa clase coas nosas fotos de graduación!! É a nosa última porta en infantil!



xoves, 11 de maio de 2023

PARABÉNS IRIS!!

 Hoxe Iris está de cumple!! Tivemos festa na clase de 5 anos e tomamos unha rica merenda á que nos convidou. PARABÉNS IRIS!!



COLABORA CONTRA O CANCRO!

 No cole de Castrelo colaboramos coa colecta que fai hoxe a Asociación Española contra o Cancro e durante todo o día de hoxe teremos no cole unha hucha para que fagades as vosas aportacións. TODOS CONTRA O CANCRO!!



domingo, 7 de maio de 2023

FELICIDADES MAMÁS!!

 Hoxe é o día das mamás e no cole traballamos con moita ilusión, esforzo e todo o noso amor para poder darlle ás nosas mamis un regaliño, no que o máis importante é a mensaxe que queremos que nunca olviden: querémolas moito hoxe e SEMPRE!!  

MOITAS FELICIDADES A TODAS AS MAMÁS!!

Na clase de 5 anos, temos a sorte de poder decirllo en 4 idiomas diferentes!!








venres, 5 de maio de 2023

REGALIÑOS PARA MAMÁ!!

 Hoxe levamos os regaliños para mamá que levamos preparando dende a semana pasada no cole. Fixémolos con moita ilusión e imos gardar a sorpresa ata o domingo. De momento soamente podedes ver as bolsas...

Como xa somos moi maiores e temos a sorte de saber moitos idiomas, cada un escolleu en que idioma quixo facelo.









xoves, 4 de maio de 2023

PARABÉNS ZELTIA!!

 Hoxe toca festa na clase de 5 anos!! Zeltia cumpre 6 anos e invitounos a merendar. Moitísimas grazas!!

FELICIDADES ZELTIA!!