Esta mañá os nenos de infantil fomos ben cediño á nosa horta para recoller as leitugas que comeremos hoxe no comedor. Estaban moi fresquiñas!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
Amosando publicacións coa etiqueta horta b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta horta b>. Amosar todas as publicacións
luns, 25 de maio de 2026
xoves, 14 de maio de 2026
RECOLLEMOS NO HORTO!!
Hoxe recollemos as primeiras leitugas do noso horto!! Levámosllas ao noso cociñeiro para que mañá as podamos comer no comedor.
martes, 17 de marzo de 2026
VISITAMOS O ECOAGRO
Xa de volta no cole, plantamos as leitugas, cebolas, fresas e plantas aromáticas que trouxemos. Foi un día moi intenso...
martes, 8 de abril de 2025
SAÍMOS DE EXCURSIÓN AO ECOAGRO!!
O día de onte as nenas e nenas de infantil estivemos preparando a horta do cole: sacando pedras, quitando as malas herbas,... e deixando todo listo para poder plantar!!
Así que hoxe xa puidemos ir, todo infantil e 1º de Primaria, de visita ao Ecoagro! Alí, Laura tivo moita paciencia e explicounos as froitas e verduras que podíamos plantar na nosa horta, e viñemos cargadiños!!
Despois do recreo xa nos puxemos mans á obra: a abonar e plantar!!
martes, 11 de xuño de 2024
RECOLLEMOS AS LEITUGAS!
Na clase de 3 e 4 anos gústanos moito andar no horto, a semana pasada recollemos algúns amorodos e regamos e onte recollemos as leitugas para comer hoxe no comedor. Estaban máis ricas que nunca!!
xoves, 16 de maio de 2024
No HORTO!!
Esta semana fomos ao noso horto,regamos, quitamos as herbas malas e xa puidemos recoller algúns amorodos e un par de leitugas que levamos directamente ao comedor. Fíxonos moita ilusión ver como medran as nosas plantiñas!!
sábado, 13 de maio de 2023
NO HORTO
xoves, 24 de maio de 2018
O HORTO MEDRA!!
Mirade que bonito vai o noso horto...xa comezan a brotar os primeiros froitos!!
O noso horto by Slidely Photo Gallery
martes, 15 de maio de 2018
COMO MEDRARON AS FABAS!!
Hoxe os nen@s de tres anos levamos as fabas que xerminamos na clase para transplantar na casa. Mirade como medraron...
xoves, 26 de abril de 2018
AS NOSAS CABACIÑAS!!
Fai un par de semanas, durante a nosa vista a Ecoagro, cada un de nós sementou unha cabaciña....
...con toda a ilusión que puxemos e cos nosos coidados, hoxe....
Moi contentos, levamos unha plantiña para pór na casa, nos próximos días tamén poremos algunha cabaciña no noso horto..
xoves, 19 de abril de 2018
HOXE PLANTAMOS NA HORTA!
Os nenos e nenas de infantil fomos os primeiros en ir regar os nosos amorodos! e aproveitamos para por unha plantiña aromática: a Melisa. Todos colaboramos e aprendemos un montón sobre a ela. Deixámosvos unhas fotiños para compartilo con vós!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












