venres, 30 de abril de 2021

CON MOOOITO AMOOR!!

 


Fai xa un tempo que estamos preparando algo moi especial, hoxe por fin levámolo para casa con moitísimo amor... Aguantade ata o domingo pequen@s!!

Deixovos unhas fotiños para que vexades como ademáis de facer o regalo, aproveitamos para traballar as letras. A ver se coas fotos podedes adiviñar de que se trata...
















mércores, 28 de abril de 2021

SABOREAMOS A PRIMEIRA COLLEITA DO HORTO!!


Hoxe collemos os primeiros amorodos do invernadoiro e fixemos con eles dous doces para tomar despois de xantar. Pasámolo xenial facendo os doces e sobre todo comendo. Somos uns larpeir@s!!



luns, 26 de abril de 2021

CELEBRAMOS O DÍA D@S NEN@S!!

 Hoxe, 26 de abril, é o día do neno e da nena, para celebralo tomámonos a tarde libre. A profe preguntounos que nos gustaría facer para festexalo e pedimos cousas moi simples: chuches, música e xogar!!

Fixemos unha tarta de chuches coas cousas que tiñamos pola clase, puxemos música e cantamos e bailamos tanto que ao final non nos deu tempo de xogar!! Pasámolo xenial e deixamos pendente para mañá o xogo!

FELIZ DÍA PEQUEN@S!!



venres, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Hoxe é o día do libro e para conmemorar esta data @s pequen@s de Castrelo estivemos escoitando un montón de contos cada hora. E vimos todas as montaxes de contos que fixeron os nosos compañeiros de primaria (podedes velas en educastrelo.com ) Encántannos os contos! Por iso fixemos estes marcapáxinas cos nosos peciños para pedirlles aos nosos papás e mamás que nos conten un conto.



xoves, 22 de abril de 2021

PLANTAMOS AMORODOS!

Despois de varias semanas de preparación, hoxe por fin baixamos ao horto. Xa temos o invernadoiro rematado!! Moitas grazas á ANPA do cole por colaborar e aos traballadores do obradoiro do concello por montalo!!

 Aínda que na nosa clase temos unha plantiña que xa ten amorodos, hoxe  pudemos comezar a plantar no horto do cole. Aos nen@s de 3 anos tocounos plantar amorodos, cada un de nós puxo unha plantiña de amorodos. Fixémolo xenial. Mañá o resto dos compañeiros plantarán máis cousas para encher o noso horto e estrear o invernadoiro.









martes, 20 de abril de 2021

SORPRESA NO RECREO!!



Hoxe ao baixar ao recreo tiñamos unha sorpresa na finca do lado, o papá de Elba ten dous burriños e trouxoos a comer herba e de paso explicounos algunhas cousiñas sobre os burros. Veunos xenial porque nesta unidade de Curtis estamos traballando os animais.  Que sorte temos de estar nun cole do rural! Moitas grazas José Luis! 



 

xoves, 15 de abril de 2021

AS NOSAS EIRUGUIÑAS

 @s pequen@s de Castrelo estamos moi emocionados!! 

No conto da última unidade, a Curtis déronlle unha caixiña con vermes de seda e eses vermes convertéronse en bolboretas. A nós iso parécenos un pouco raro, pero xa fai días á profe tamén lle regalaron unha caixiña con vermes e estámolos coidando. Soamente comen follas de moreira e todos os días os limpamos e pomos follas novas, están medrando moitísimo!! A profe contounos o conto da " Pequena eiruga larpeira", gustounos moito!! Agora esperamos impacientes a que as nosas eiruguiñas tamén se convirtan en bolboretas!!



venres, 9 de abril de 2021

PREPARÁMONOS PARA A HORTA!!

 @s pequen@s de Castrelo estamos moi emocionados coa horta e mentres os nen@s de primaria van sacando as pedras e preparando a terra do horto, nós tamén comezamos a traballar na clase, esta semana coñecemos a diferencia entre as sementes das leitugas, os bulbos das flores e as pepitas dos calabacíns, porque os sementamos na clase para logo transladalos ao horto. Tamén temos plantas de amorodos que medraron moi pronto!! Encántanos andar coa terra!!