Despois de varias semanas de preparación, hoxe por fin baixamos ao horto. Xa temos o invernadoiro rematado!! Moitas grazas á ANPA do cole por colaborar e aos traballadores do obradoiro do concello por montalo!!
Aínda que na nosa clase temos unha plantiña que xa ten amorodos, hoxe pudemos comezar a plantar no horto do cole. Aos nen@s de 3 anos tocounos plantar amorodos, cada un de nós puxo unha plantiña de amorodos. Fixémolo xenial. Mañá o resto dos compañeiros plantarán máis cousas para encher o noso horto e estrear o invernadoiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario