luns, 30 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ

Hoxe é o día escolar da non violencia e da paz e no noso cole celebrámolo coma sempre todos xuntos, maiores con pequenos e compartindo actividades , que é o que máis nos gusta.
Primeiro cantamos cancións na biblioteca gracias ós ensaios das profes de inglés e música e logo baixamos ao patio para xuntar as pezas dun puzzle xigante.


Mirade que chuli nos quedou o noso puzzle, está formado por seis pezas diferentes, unha de cada clase, cada grupo decorou a súa peza como máis lle gustou, eso sí había que decorar unha parte e deixar en branco outra. Cando as xuntamos, todas as partes brancas formaban a pomba da paz.
Non puido quedar máis colorido!!
Grazas profe Patri, que unha vez máis fixeche un debuxo precioso, que gañou moito coas nosas técnicas pictóricas!!

3,2,1....COMEZA A CONTA ATRÁS!!

Xa queda mooi pouquiño para unha das épocas do ano que máis nos gusta e coma cada ano no cole de Castrelo non nos falta o inxenio. Xa comezamos a traballar para ir máis que guapos no desfile de entroido...

sábado, 14 de xaneiro de 2017

PARABÉNS VALERIA!!

Para ser a primeira semana do trimestre foi moi divertida. Se o luns tivemos a sorpresa dos agasallos de Nadal, para rematar a semana, o venres, festexamos o cumple da princesa da clase de 5 anos.
A nosa amiga Valeria cumpriu anos nas vacacións de Nadal, pero festexouno con nós este venres.
Cantamos, bailamos, comemos un montón e sobre todo pasámolo xenial.
PARABÉNS VALERIA!!


MENUDA SORPRESA!!

O luns cando chegamos ao cole, despois das vacacións, atopámonos cunha agradable sorpresa.
Polas nosas clases tamén pasaran os Reis Magos, bueno a verdade é que non sabemos se foron os Reis ou Papá Noel, ou ao mellor foron todos...
O certo é que comezamos o trimestre con moita ilusión estreando os nosos agasallos.


MOITAS GRAZAS REIS MAGOS & PAPÁ NOEL!!

MANUALIDADES DE NADAL

Aínda  que o Nadal xa rematou, nós seguimos tendo certa nostalxia, por iso recordamos algunhas das manualidades que fixemos e que xa levamos para casa. Agardamos que vos gustaran.