Amosando publicacións coa etiqueta regalos reis magos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta regalos reis magos. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de xaneiro de 2025

OS REIS MAGOS VISITAN CASTRELO!


 

 Menuda sorpresa tivemos no cole!! Ao chegar das vacacións nas nosas aulas de infantil tiñamos un montón de agasallos esperándonos! 

Non puidemos esperar e tivémolos que abrir para atopar todos os novos xoguetes e materias para as dúas aulas, pasámolo xenial!!

 


 

luns, 8 de xaneiro de 2024

OS REIS MAGOS PASARON POR CASTRELO!

 

Hoxe os pequenos da clase de 3 e 4 anos volvemos ao cole con moita ilusión despois das vacacións e ao entrar na nosa clase , sorpresaaa!! Os Reis  Magos pasaron por Castrelo e deixáronnos un saco cheo de regalos!! Moitas grazas!! Seguiremos portándonos así de ben!
















martes, 10 de xaneiro de 2023

GRAZAS REIS MAGOS!!

 


Na clase de 5 anos comezamos o trimestre con moita ilusión, xa que o primeiro día agardábanos unha sorpresa: os Reis Magos pasaron pola nosa clase e deixaron moitos regaliños...












luns, 10 de xaneiro de 2022

OS REIS MAGOS PASARON POR CASTRELO!!

Esta mañá chegamos ao cole con moitas ganas de vernos e nada máis entrar na clase agardábanos unha gran sorpresa: Os Reis Magos pasaron pola nosa clase e deixáronnos moitos regaliños!! Que ilusión!!




mércores, 9 de xaneiro de 2019

REMATAMOS CON FESTA E COMEZAMOS CON...SORPRESAAA!!

No seguinte video podedes ver que guapos rematamos o primeiro trimestre, o último día vestimonos de gala para actuar no Auditorio... Despois de moitos días de traballo, ensaios e moitos nervios: fixémolo xenial. Tanto traballo merecía unha recompensa... e tiñamos moi claro o que pedir
E como non podía ser doutra maneira... comezamos o segundo trimestre cunha sorpresa nas nosas aulas: As Suas Maxestades de Oriente pasaron por Castrelo!! Os maiores gardamos as formas e o orde...que capacidade de autocontrol!!
Os pequenos...non esperaron nin a quitar as chaquetas
Podedes ver as nosas reaccións e os nosos regalos no seguinte video

sábado, 14 de xaneiro de 2017

MENUDA SORPRESA!!

O luns cando chegamos ao cole, despois das vacacións, atopámonos cunha agradable sorpresa.
Polas nosas clases tamén pasaran os Reis Magos, bueno a verdade é que non sabemos se foron os Reis ou Papá Noel, ou ao mellor foron todos...
O certo é que comezamos o trimestre con moita ilusión estreando os nosos agasallos.


MOITAS GRAZAS REIS MAGOS & PAPÁ NOEL!!