Hoxe os pequenos de Castrelo achegámonos un pouquiño á figura de Rosalía de Castro, xa sabemos quen era, que facía e soánnos algunhas das súas obras máis famosas. Quédannos por diante moitos anos para seguir coñecendo máis detalles desta autora tan xenial.
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 23 de febreiro de 2024
RENOVANDO O BOTIQUÍN!!
Os nenos da clase de 3 e 4 anos rematamos esta semana as unidades relacionadas coa saúde, por iso decidimos pechar estes temas cunha visita á farmacia para repor o material do botiquín do cole, fixemos unha pequena parada tamén no centro de saúde, xa que moitos non sabiamos que en Castrelo tamén hai centro de saúde. Moitísimas grazas Amalia, Chelo e Vera por facilitarnos esta experiencia, pola paciencia, as explicacións e... os regaliños!
sábado, 17 de febreiro de 2024
DESFILE DE ENTROIDO!!
Despois de tanta choiva, por fin saíu o sol: o verde das follas luciu brillante, as flores estaban preciosas e as bolboretas bailaban sen parar. A choiva non puido coas nosas ganas de desfilar, este ano foi diferente... Grazas a todos os que nos acompañastes no día de onte polas rúas de Castrelo. Viva o noso entroido!!
venres, 16 de febreiro de 2024
TEATRO NO AUDITORIO: MAGO DE OZ
xoves, 8 de febreiro de 2024
FESTA DE ENTROIDO NO PAVILLÓN DE VERÍN
Como o tempo non nos deixou desfilar hoxe polas rúas de Verín, non quixemos perdernos a festa no Pavillón ao son da "Charanga Támega". O plan B nunca é tan xenial como o plan A, pero soubemos adaptarnos ás circunstancias e pasámolo xenial. A choiva non puido coas nosas ganas de entroidar!! E seguimos conservando a ilusión por desfilar o vindeiro xoves!!
mércores, 7 de febreiro de 2024
CIGARRÓNS!!
Na clase de 3 e 4 anos levamos un par de semanas falando de chocas, látigos...os cigarróns gústannos moito e pintamos e recortamos con moito esmero as nosas caretas.
SEMANA DE ENTROIDO: MÉRCORES, ALGO NA CABEZA!!
Hoxe rematamos as mandas con algo entroideiro na cabeza, que sumado ao dos días anteriores fixo que estivesemos así de guapos!!
martes, 6 de febreiro de 2024
ENTROIDANDO!!
Na clase de 3 e 4 anos encántanos o entroido e estamos aproveitando esta festa para perfeccionar o picado, xa somos uns artistas co punzón!! e imos guapísimos!!
SEMANA DE ENTROIDO: MARTES, PÉS E TRONCO!!
Hoxe decoramos os nosos pés e o tronco! así de guapos viñemos os pequenos de Castrelo!
luns, 5 de febreiro de 2024
SEMANA DE ENTROIDO : LUNS, ALGO ENTROIDEIRO NOS PÉS!!
Así de guapos viñemos hoxe os nenos de infantil, cos nosos pés e pernas moi decorados!