Amosando publicacións coa etiqueta todo cole. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta todo cole. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de abril de 2026

CONCERTAZO DE PAKOLAS!!

 


Para comezar a ponte como se merece, hoxe no noso cole tivemos un súper concerto a cargo de Pakolas!! Regalazo da nosa ANPA para todo o cole, GRAZAS!! Pasámolo xenial!!



luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Hoxe, coincidindo co día do seu aniversario,  conmemoramos o Día de Rosalía. Cada unha das clases do noso cole traballou sobre un detalle da súa vida e  fixo ilustracións sobre ela para logo presentarlla aos demáis. Entre todos fixemos unha pequena biografía da nosa escritora máis xenial.

Os nenos de infantil xa levamos un par de días coñecendo detalles da súa vida  e traballando nos nosos debuxos

Así quedou a nosa particular homenaxe a Rosalía de Castro:



xoves, 12 de febreiro de 2026

DESFILE INFANTIL 2026



Despois de semanas de moito traballo, por fin saíu o sol e chegou o gran día!
Hoxe desfilamos por Verín co noso Carrusel cheo de alegría e ilusión!!
FELIZ ENTROIDOOOO


 



 

mércores, 17 de decembro de 2025

COS NOSOS MELLORES DESEXOS

Hoxe recibimos a visita de Sonia, voluntaria da Asociación Española contra o Cancro e mamá do noso amigo Eric, recorreu todas as aulas do cole e recolleu as postais que fixemos na casa coa axuda das nosas familias. Van cargadas dos nosos mellores desexos!





xoves, 27 de marzo de 2025

CAMIÑANDO CARA SANTIAGO

 Levamos xa case dúas semanas participando nunha actividade de centro moi especial: facer o camiño de Santiago virtual. Cada día os encargados de cada clase poñen un reloxo que conta os pasos e kilómetros que fai ao longo da xornada. Ímos sumando os kilómetros de todas as clases e xa ímos en Dozón!! Quédanos moi pouquiño para chegar a Santiago...



venres, 28 de febreiro de 2025

DESFILE INFANTIL 2025

 


Despois de semanas  de moito traballo, onte desfilamos en Verín. Foi unha mañá moi divertida, pasámolo tan ben que nos esquecemos de quitar boas fotos, seguro que vós as teredes mellores! pero quedanos o recordo do ben que o pasamos!!




mércores, 18 de decembro de 2024

UN SACO CHEO DE BOS DESEXOS!

 Hoxe pasou polo noso cole Kelly, da Asociación Española contra o Cancro, para recoller as postais que fixemos coa axuda  das nosas familias. Un nen@ de cada aula fixo entrega das postais. Agardamos que se cumplan os bos desexos e toda a enerxía positiva que lles enviamos aos enfermos. GRAZAS UN ANO MÁIS POLA COLABORACIÓN!!

Javi entrega as postais de 3 anos


Leo entrega as postais de 4 e 5 anos


Álvaro entrega as postais de 1º de primaria


Noa entrega as postais de 2º de primaria


Anxo entrega as postais de 3º de primaria






Sofía entrega as postais de 4º de primaria


Sara e Xiana entregan as postais de 5º e 6º de primaria

sábado, 16 de novembro de 2024

MAGOSTO 2024

 

Onte no cole de Castrelo festexamos o Magosto, aínda que o tempo non nos permitiu sair ao Parque do Terrón, desfrutamos moito no cole. Psamos unha xornada diferente na que os profes nos organizaron diferentes xogos e comemos no patio. Pasámolo xenial!!




venres, 8 de marzo de 2024

8M: SOMOS MÁIS CA UNHA BONITA FIGURA

 


Hoxe conmemoramos o Día da Muller, escollendo a 7 mulleres galegas moi significativas, unha por cada clase. Con todas elas decoramos unha figura  feminina. Tendo moi claro que todas somos máis ca unha bonita figura. 
Ademáis aproveitando que estamos traballando a familia os máis pequenos fixeron un retrato precioso das mulleres máis importantes da súa vida!



sábado, 17 de febreiro de 2024

DESFILE DE ENTROIDO!!

 

Despois de tanta choiva, por fin saíu o sol: o verde das follas luciu brillante, as flores estaban preciosas e as bolboretas bailaban sen parar. A choiva non puido coas nosas ganas de desfilar, este ano foi diferente... Grazas a todos os que nos acompañastes no día de onte polas rúas de Castrelo. Viva o noso entroido!!


venres, 19 de maio de 2023

II CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS

No cole de Castrelo conmemoramos o día das letras galegas correndo!!
Por segundo ano, fixemos carreiras en  diferentes categorías, nas que ademáis de correr, pasámolo xenial. Aprendemos que non sempre se gaña, que o máis importante é participar e que aínda que soamente os tres primeiros levan medalla, todos tivemos un premio por participar!!


xoves, 11 de maio de 2023

COLABORA CONTRA O CANCRO!

 No cole de Castrelo colaboramos coa colecta que fai hoxe a Asociación Española contra o Cancro e durante todo o día de hoxe teremos no cole unha hucha para que fagades as vosas aportacións. TODOS CONTRA O CANCRO!!



venres, 3 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 O pasado día 23 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Aínda que ese mesmo día non nos foi posible festexalo, non deixamos de conmemorar unha data tan importante. Hoxe pola tarde, reunímonos con todo o cole para festexar o día de Rosalía. Os nenos de 5º contáronnos algúns detalles da súa vida e obra e os de 6º recitáronnos uns poemas. 





Logo todos xuntos cantamos o rap de Rosalía que nos ensinou o profe Julián nas clases de música.



xoves, 23 de febreiro de 2023

MUSICAL "EL FESTIVAL DE BREMEN"

Hoxe volvemos ao traballo despois dunha semana de entroido e no cole de Castrelo decidimos que non hai mellor maneira de volver que facendo teatring!! Hoxe fomos ata ao auditorio de Verín a ver o musical "El Festival de Bremen". 

 

mércores, 21 de decembro de 2022

POSTAIS DE NADAL COS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA A AECC

 Por segundo ano, as postais de nadal que fixemos en familia van con moitos mensaxes de ánimo, de bos desexos e pronta recuperación para os enfermos oncolóxicos da nosa comarca. Moitas grazas á Asociación Española contra o Cancro pola súa labor e en especial a Kelly por contar con nós outro ano máis!! Levache un saco cargado de moito cariño!!