Por segundo ano, as postais de nadal que fixemos en familia van con moitos mensaxes de ánimo, de bos desexos e pronta recuperación para os enfermos oncolóxicos da nosa comarca. Moitas grazas á Asociación Española contra o Cancro pola súa labor e en especial a Kelly por contar con nós outro ano máis!! Levache un saco cargado de moito cariño!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
mércores, 21 de decembro de 2022
MANUALIDADES DE NADAL
Na clase de 5 anos encántanos o Nadal!! e empezamos moi cedo a traballar para decoralo, aquí tedes as nosas manualidades de Nadal.
xoves, 15 de decembro de 2022
POSTAIS DE NADAL 5 ANOS
Un ano máis, dentro das actividades de Nadal, fixemos as postais coa axuda das nosas familias. Aquí vos deixamos as postais de 5 anos, que este ano, serán distribuidas por medio da AECC para os enfermos que reciben tratamento no Hospital de Verín. Moitas grazas a todas as familias por participar!!
mércores, 7 de decembro de 2022
mércores, 30 de novembro de 2022
FOMOS VER AO RATIÑO PÉREZ!!
Hoxe os nenos de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria fomos ao auditorio de Verín a ver ao Ratiño Pérez. O señor Pérez, chegou hoxe a Verín e vai quedar por aquí a pasar o Nadal!! Pasámolo xenial e regaláronnos un conto!! Moitísimas grazas á Fundación Dentalnova e ao Concello de Verín por convidarnos. Papás, non vos esquezades de levarnos ver a casa do Ratiño Pérez que estará durante este Nadal na praza da Mercé
venres, 25 de novembro de 2022
25 N: MONSTRUO PEQUEÑO DICE NO!
xoves, 24 de novembro de 2022
ROLE PLAYING 25 N
Mañá é 25 N, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, na clase de 5 anos, aproveitando esta data, traballamos a técnica do Role Playing, por grupos simulamos unha mesma acción pero de xeitos moi diferentes: en negativo, o que debe evitarse, o que nunca debe ocurrir e debemos rexeitar; e de xeito positivo, que é o que queremos que suceda no día a día. Somos uns estupendos actores e actrices!! ... e ademáis como xa somos moi maiores comprendemos perfectamente a mensaxe desta conmemoración
Imprimimos as conductas negativas en branco e negro e as positivas en cor e decoramos a nosa porta.
mércores, 16 de novembro de 2022
FACEMOS BISCOITO
Os nenos da clase de 5 anos, despois de ver o conto da nova unidade, tivemos a xenial idea de facer un biscoito como o de Cora. O luns fomos ao Lito a por os ingredientes, tíñaos todos, ata os polvos máxicos! Hoxe fixemos o biscoito, seguindo a receita de Cora. Pasámolo moi ben e quedounos riquísimo!!
martes, 15 de novembro de 2022
PARABÉNS NOA!!
Hoxe a nosa princesiña Noa está de cumple!! Na clase festexámolo cunha rica merenda que fixo coa súa nai. Agora xa todos os da clase de 5 anos, temos 5!! PARABÉNS NOA!!
luns, 14 de novembro de 2022
FOMOS DE COMPRAS Ó LITO
Hoxe os nenos da clase de 5 anos fomos de compras á tenda do Lito. Tiñamos moitas ganas de ir dende a semana pasada pero sempre chovía... No conto da última unidade, Cora axudaba ao seu papá a facer un rico biscoito e nós que estivemos moi atentos, anotamos todos os ingredientes. Hoxe por fin puidemos ir facer a compra e na tenda do Lito tíñanos todos! Moitas grazas Ceci pola paciencia e polas galletas!!
venres, 11 de novembro de 2022
MAGOSTO 5 ANOS
Hoxe festexamos o magosto no parque do Terrón, pasámolo xenial, xogamos un montón, tiñamos colchoneta e inauguramos a nova tirolina do parque. Foi un día xenial!! Mirade que ben o pasamos!
sábado, 29 de outubro de 2022
HAPPY HALLOWEEN!! FELIZ SAMAÍN!!
Na clase de 5 anos rematamos unha semana moi intensa e de moito traballo cun día de festa!!Puxémonos terroríficamente guapos para celebrar o Halloween- Samaín