Amosando publicacións coa etiqueta ratiño Pérez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ratiño Pérez. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de decembro de 2024

SR. PÉREZ!


 Na clase de 4 e 5 xa somos tan maiores que a algúns xa se nos empezaron a caeer os primeiros dentes e xa recibimos a visita do Ratiño Pérez! Por iso fixemos estes ratiños gardadentes para deixarlle ao Señor Pérez os nosos dentes...











1

mércores, 30 de novembro de 2022

FOMOS VER AO RATIÑO PÉREZ!!

 

Hoxe os nenos de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria fomos ao auditorio de Verín a ver ao Ratiño Pérez. O señor Pérez, chegou hoxe a Verín e vai quedar por aquí a pasar o Nadal!! Pasámolo xenial e regaláronnos un conto!! Moitísimas grazas á Fundación Dentalnova e ao Concello de Verín por convidarnos. Papás, non vos esquezades de levarnos ver a casa do Ratiño Pérez que estará durante este Nadal na praza da Mercé



sábado, 8 de outubro de 2022

RATIÑOS GARDADENTES


Cando empezamos o curso, Mara xa recibira por primeira vez a visita do ratiño Pérez, que pronto!! Contounos todo con moita ilusión, tanta que todos esperamos a que chegue o día que nos veña visitar. Para ir preparando ese día, na clase fixemos con moito cariño os nosos ratiños gardadentes, para que cando chegue o momento lle poidamos deixar o noso dente ao ratiño Pérez. Que emoción!!



venres, 10 de abril de 2020

CARTA PARA O RATIÑO PÉREZ



Podedes descargar o material no voso ordenador premendo AQUÍ

Por se durante estes días a algún/a se lle cae un dente, deixámosvos un modelo de carta para que llo deixedes ao Ratiño Pérez, recordade que él ten un permiso especial e sigue vindo a buscar os vosos dentiños. Non vos esquezades de cepillarvos cada día!!



domingo, 28 de maio de 2017

RATIÑOS GARDADENTES

Os nenos da clase de 5 anos cada vez somos máis maiores, tanto que xa se nos están empezando a caer os dentes.
A moitas das nosas casas xa veu de visita o Ratiño Pérez, para deixarlle os nosos dentes fixemos estes ratiños gardadentes.
Quedáronnos chulísimos!!