venres, 6 de novembro de 2026

Obradoiro de Educación vial coa DGT!

Que día tan divertido pasamos hoxe no cole! Tivemos a oportunidade de levar a cabo un obradoiro de educación vial en colaboración coa DGT no que, primeiro tivemos unha charla informativa e despois, puidemos montar no coche da Guardia Civil de tráfico e facer un circuito cos nosos patíns ou bicis. Tamén aproveitamos para coñecer os diferentes elementos de tráfico. Como desfrutamos!!






xoves, 5 de novembro de 2026

SOMOS ARTISTAS!!

 

Na clase de 3 e 4 anos estamos feitos uns verdadeiros artistas. Fai semanas que nos fixamos no cadro da habitación de Van Gogh e como somos moi curiosos quixemos coñecer cousas sobre o famoso pintor holandés. Chamounos a atención que se mirara nun espello para facer os seus famosos autorretratos e quixemos imitalo, porque se algo nos gusta é mirarnos no espello. Somos guapos e sabémolo!! Traballamos a cara e as súas partes, a autoestima e arte... porque ademáis de guapos somos artistas! Mirade os nosos autorretratos... quizais dentro de moitos anos sexan tan valiosos como os de Van Gogh!



martes, 3 de novembro de 2026

VISITAMOS ITALIA E EXIPTO

As dúas derradeiras semanas as nenas e os nenos de 6º de Infantil estivemos a aprender moitísimo sobre Italia e Exipto, aquí vos deixamos un resumo! 





venres, 30 de outubro de 2026

CELEBRAMOS SAMAÍN NO COLE!

 Hoxe os pequen@s de Castrelo pasamos un día terrorifícamente divertido!

Chegamos ao cole así de guapos para festexar o Samaín-Halloween


Nada máis chegar, puxémonos mans á obra para preparar a nosa merenda : unhas ollopizzas do máis saborosas...

Non perdemos o tempo e mentres as pizzas quedaron no forno, fomos á farmacia, a por as chuches,  na que xa se convertiu nunha visita habitual todos os Samaíns... Moitas grazas Amalia e compañía ...




Despois do recreo, os profes prepararon uns talleres de Halloween-Samaín por todas as aulas do cole, repartímonos en grupos, misturados cos compañeiros de todas as idades e xuntos fomos percorrendo cada unha das actividades. Foi moi divertido!!!
Chegou a hora de xantar e despois dunha semana de moitas dudas, por fin conseguimos a nosa comida terrorífica tamén no comedor. Grazas Jose e Sole por cociñarnos tan ben.


 
E como fin de festa, xuntámonos todos no patio para ver un vídeo feito polos nosos compañeiros de segundo de primaria e cantar a canción de inglés que preparamos coa teacher Bea. Que día máis intenso!!















xoves, 29 de outubro de 2026

TRABALLOS HALLOWEEN-SAMAÍN


Nas clases de infantil levamos toda a semana traballando  sobre o Samaín- Halloween. Mirade como nos divertimos!



MANUALIDADES TERRORÍFICAS DE SAMAÍN

Dende a biblioteca de centro, este ano, tivemos a proposta terrorífica de ilustrar nun bote un conto relacionado co Samaín... como se esmeraron as nenas e nenos de infantil e as súas familias! Botade un ollo a estes contos tan medorentos!! Moitas grazas familias por toda a axuda!






domingo, 25 de outubro de 2026

O NOSO DÍA A DÍA

Na clase de  3 e 4 anos custounos moito afacernos uns a outros, somos un grupo numeroso, hai que saber esperar, agardar turnos, seguir as rutinas  e cumprir todas as esixencias da profe... aínda queda moito camiño pero pouco a pouco imólo conseguindo. A partir de agora será todo moito máis fácil...