xoves, 27 de febreiro de 2020

PARABÉNS SOFÍA FEIJOO!!



Despois de tantos días de festa no cole de Castrelo seguimos de celebración, hoxe Sofía Feijoo cumpriu 5 aniños e convidounos a merendar. Parabéns Sofía!!

venres, 21 de febreiro de 2020

E HOXE SEGUIU A FESTA!!


No cole de Castrelo somos moi festeiros e despois do desfile de onte, hoxe seguimos de festa!!... e vaia día de festa! Pola mañá corremos cos compadres e as comadres e pola tarde papamos filloas e tarta de obleas que nos fixeron os profes e  orellas de entroido que nos mandou a mamá de Icía, moitas grazas Cecilia ... e todo isto disfrazados coas nosas mellores galas!
Mirade que venres de entroido máis divertido!

xoves, 20 de febreiro de 2020

DESFILE DE ENTROIDO!!

Despois de semanas de moito traballo, nervios e moitos preparativos, hoxe por fin chegou o gran día e así de guap@s desfilamos por Verín. No seguinte video tedes un resumo dos mellores momentos dos pequen@s de Castrelo que son os reis e raíñas dos nosos corazóns!!

mércores, 19 de febreiro de 2020

martes, 18 de febreiro de 2020

luns, 17 de febreiro de 2020

sábado, 15 de febreiro de 2020

ANIVERSARIOS DA SEMANA

Esta semana dous dos maiores, Ángel e Valentina, cumpriron  6 aniños e quixeron celebralo convidándonos a merendar.
Moitas grazaaas!!

PARABÉNS ÁNGEL!!

PARABÉNS VALENTINA!!


CELEBRANDO O DÍA DO AMOR!!

@s pequen@s de Castrelo somos moi amorosos, por eso onte festexamos o día do amor e da amizade facendo unha rica torta de chocolate, na que cada un de nós fixo unha capa con moito amor. Mirade que boa pinta!
No seguinte video ensinámosvos como a fixemos e como disfrutamos comendoa!! Ademáis de facer a torta tamén fixemos a nosa man e en cada dedo escribimos un dos nosos amores

venres, 14 de febreiro de 2020

GRAZAS CON MOITO AMOOOR!!

Porque é o día do amor e Simón Vázquez quérenos moito, fixo estas galletas coa súa familia. Un bonito detalle para comezar o día de San Valentín.

Moitas grazas a eses papis que nos alegran as mañás con moito amor!!

xoves, 6 de febreiro de 2020

FOMOS AO TEATRO!!

Esta mañá @s nen@s de infantil, primeiro e segundo de primaria fomos ao auditorio a ver a obra de teatro "Cenicienta solo quiere bailar"

Portámonos xenial e encántounos a obra!!








mércores, 5 de febreiro de 2020

CHOCOLATEIR@S!!

No último conto de Pam, manchabase o disfrace con chocolate... e nós para facer a ficha do conto utilizamos tamén chocolate derretido para pintar co dedo... e despois de tanto pintar aproveitamos para ver se nos gustaba o chocolate... e descubrimos que somos uns auténticos chocolateir@s!!