Amosando publicacións coa etiqueta san valentin. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta san valentin. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de febreiro de 2025

SAN VALENTÍN!

 


Ao longo desta semana en Infantil estivemos traballando ao redor do amor! 

Fixemos manualidades, lemos contos, explicamos que é para nós o amor, o respecto, a amizade... 






E para rematar a semana, entre todos e todas fixemos un delicioso biscoito con forma de corazón! 

Estaba boíííísimo!







sábado, 13 de febreiro de 2021

CELEBRANDO O ENTROIDO E SAN VALENTÍN

 

Este ano non íamos deixar aos pequen@s sen entroido... aínda que dunha forma moi diferente e respectando todas as medidas de seguridade, tiveron o seu desfile e o seu disfrace. aproveitando para celebrar San Valentín disfrazámonos de corazón e repasamos as iniciais dos nosos nomes. Foi un día con moito amor e moita diversón.
Tivemos merenda acorde coa celebración

Falamos sobre o amor e preparamos un regalo para as persoas que máis queremos.

                    E ademáis levamos de premio, as máscaras do entroido que nos deu o Concello de Verín


Podedes ver como disfrutamos do día no seguinte vídeo:



KIZOA-Movie-Maker-sl7858qt from ceipcastrelodoval on Vimeo.

sábado, 15 de febreiro de 2020

CELEBRANDO O DÍA DO AMOR!!

@s pequen@s de Castrelo somos moi amorosos, por eso onte festexamos o día do amor e da amizade facendo unha rica torta de chocolate, na que cada un de nós fixo unha capa con moito amor. Mirade que boa pinta!
No seguinte video ensinámosvos como a fixemos e como disfrutamos comendoa!! Ademáis de facer a torta tamén fixemos a nosa man e en cada dedo escribimos un dos nosos amores

venres, 14 de febreiro de 2020

GRAZAS CON MOITO AMOOOR!!

Porque é o día do amor e Simón Vázquez quérenos moito, fixo estas galletas coa súa familia. Un bonito detalle para comezar o día de San Valentín.

Moitas grazas a eses papis que nos alegran as mañás con moito amor!!

xoves, 14 de febreiro de 2019

O AMOR PARA OS PEQUENOS DE CASTRELO É...

Onte e hoxe traballamos unha emoción moi bonita e especial: O AMOR. No seguinte vídeo podedes ver que é o amor según @s pequen@s de Castrelo. Botádelle un ollo porque seguro que vos alegra o día... Feliz San Valentín!!

mércores, 13 de febreiro de 2019

QUE É PARA VÓS O AMOR??

Mañá é San Valentín e hoxe @s peques comezamos a preparalo...
Que é o amor?

Mañá veredes as reflexións dos nen@s, seguro que vos sorprenden.

martes, 14 de febreiro de 2017

FELIZ SAN VALENTÍN!!

A clase máis amorosa de todo o cole non ía deixar de celebrar un día tan importante coma o de hoxe.
E festexámolo por todo o alto!!
Empezamos decorando a nosa porta, para a que fixemos un mural conxunto, no que escribimos moitas cousas bonitas e certas con moito amooor


 

Tamén  fixemos un gusano xuntando todos os nosos corazóns


Así de bonita quedou finalmente a nosa porta


Xa pola tarde, vimos o conto ¿QUÉ ES EL AMOR?




 Se queredes ver que bonito é pinchade no seguinte enlace


Nun día tan especial non podían faltar as manualidades que tanto nos gustan. Traballamos moi concentrados



Fixemos un osiño con corazón de chocolate e unha piruleta de corazón moooi decorada



E xa para rematar,como as mamás de Blanca e Noel nos mandaron a proba das súas receitas de cociña e sabemos que foron feitas con mooito amor, merendamos tortilla e torta de queixo


Estaban riquíiiisimas!!! Moitísimas grazas mamis por coidarnos tanto.
Despois dun día tan intenso e cheo de amor, así de felices  e cargados volvemos a casa


QUE VIVA O AMOR!!