venres, 29 de abril de 2022

MEU AMOR

 

Aproveitando o día da nai traballamos o conto: "Mi amor" da editorial Kokinos. Gustounos moito e  serviunos de inspiración  para facer o noso regalo do día da nai. Traballamos moito e con moita ilusión, a mesma coa que imos aguantar ata o domingo para entregar os regaliños ás nosas mamás. Hoxe pedímoslle que vexan con nós o conto


luns, 25 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO: OS NOSOS CONTOS PREFERIDOS

 O pasado sábado foi o día do libro, no cole de Castrelo, decidimos conmemorar esta data tan importante escollendo o libro/conto preferido de cada unha das aulas e replicando a súa portada con diferentes técnicas plásticas. Aquí tedes os contos preferidos dos nen@s de infantil


3 ANOS: O conto preferido dos nen@s de 3 anos é : "Monstruo Rosa", de Olga de Dios. Editorial Apila





4 ANOS: Os nen@s de 4 anos escolleron un conto que lles encanta e que sempre contamos en galego ou castelán, polo que esta vez traballámolo en inglés, coa axuda da teacher: "The very hungry caterpillar". de Eric Carlé. Editorial Kokinos.

 

5 ANOS: Na clase de 5 anos escolleron o conto: " O peixe arco da vella" de Marcus Pfister. Editorial Kalandraka.








martes, 12 de abril de 2022

TORTIÑAS DE PASCUA!!


Para despedir o trimestre na clase de 4 anos decidimos darnos un capricho e fixemos tortiñas de pascua. Pasámolo xenial facéndoas e moito máis aínda coméndoas!! Dende a clase de 4 anos desexámosvos unha moi FELIZ E DOCE PASCUA!!!



venres, 8 de abril de 2022

GRAZAS EASTER BUNNY!!!




 Esta mañá cando chegamos ao cole... sorpresa e emoción!! Por fin o easter bunny pasou pola nosa clase!! A profe pensaba que ao final non pasaría e xa nos tiña comprado uns oviños por si acaso ...e claro, tivemos que comelos tamén para que non se estropearan... pero eran moito máis pequenos que os que nos deixou o easter bunny. GRAZAS EASTER BUNNY!!

xoves, 7 de abril de 2022

AGARDANDO A EASTER BUNNY!!

 


Fai días rematamos a nosa manualidade para que o easter bunny nos deixe un oviño de pascua, sabemos que estes días nos estivo espiando para ver se nos portamos ben. Sabémolo porque nos deu un portazo na clase, a veces encéndese o ordenador sin que ninguén lle toque e incluso algún neno lle viu hoxe as orellas asomadas pola ventana da nosa clase. Todos os días ao chegar miramos...e o vasiño non ten ovo. Mañá xa é o último día e confiamos en que esta noite o easter bunny pase pola clase de 4 anos e nos deixe un rico ovo de chocolate. Easter bunny se les esto recorda que hoxe se portaron ben e que Paula non pode tomar leite!! 

mércores, 6 de abril de 2022

PREPARANDO A PASCUA!!


 Aproveitamos calquera época do ano para facer o que máis nos gusta: manualidades!! Desta vez recortamos moitísimo, pintamos con pincel, pegamos... traballamos moito e fixemos cousas preciosas!!




luns, 4 de abril de 2022

2 ABRIL, CONCIENCIACIÓN AUTISMO

 

O día 2 de abril foi o día mundial da Concienciación sobre o autismo. Na clase de 4 anos somos moi conscientes de que todos somos diferentes. Hoxe para traballar este tema, primeiro vimos o conto: " Mi hermano Luca"


Estivemos moi atentos...


Despois sumámonos á camapaña "Unha feliz viaxe pola vida"
E debuxamos que é para cada un de nós a felicidade


Premendo no seguinte enlace podedes ver en detalle que é para cada un de nós a felicidade: