domingo, 23 de abril de 2017

DIA DO LIBRO

Hoxe celébrase o día do libro, como é domingo, no noso cole festexámolo o venres.
Este ano fixemos unha actividade diferente e moi bonita. Fixemos marcapáxinas para intercambiar cos compañeiros do cole de Oímbra, cada clase fixo un modelo diferente, estes son os que fixemos nas dúas clases de infantil


Os nenos de 3 e 4 anos fixeron estes peixes


Os nenos de 5 anos fixeron estes coellos



O venres pola tarde xuntámonos na biblioteca co resto do cole  para recibir os marcapáxinas que nos enviaron os nenos de Oímbra

dia do libro by Slidely Photo Gallery

A nós encántaronnos os marcapáxinas dos nosos amigos de Oímbra, agardamos que a eles tamén lle gustaran os nosos. Moitas grazas profe María por acordarte de nós para esta actividade.

sábado, 8 de abril de 2017

MANUALIDADES PASCUA

Estas son as manualidades coas que nos divertimos para celebrar a pascua @s nen@s de infantil.



TALLER DE COCIÑA DE PASCUA

Para irnos de vacacións con bo sabor de boca, onte os nen@s de infantil fixemos un taller de cociña. Entre todos fixemos un gran traballo en equipo, unha tarta de obleas con nutella en forma de coello de pascua, na que cada nen@ fixo unha capa, mirade con que boa pinta nos quedou e asegurámosvos que ademáis estaba riquísima!!
taller de cociña pascua by Slidely Slideshow

DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar o día da árbore, que cada ano se celebra o 21 de marzo, no cole de Castrelo, plantamos un castiñeiro no patio. Debido ao mal tempo que fixo ese día decidimos cambiar este acto para unha semaniña máis adiante.
dia da árbore by Slidely Photo Gallery

xoves, 6 de abril de 2017

PORTA DE PRIMAVERA!!

Despois de moitos días traballando nela, hoxe por fin podemos ensinarvos a porta de primavera da clase de 5 anos.
A que nos quedou chulísima?? A nós encántanos... e vai ser a última vez que decoremos a porta da nosa clase de infantil... xa queda pouquiño para ir a primaria..