sábado, 19 de outubro de 2024

BISCOITO DE OUTONO

 

Onte os pequen@s de Castrelo tivemos un día moi reposteiro!! Coas mazás e os conchos que recollemos a semana pasada no patio do noso cole, fixemos un biscoito de outono. Estaba riquísimo pero o mellor foi todas as cousas que aprendemos e o ben que o pasamos facendoo.
 Colaboramos todos porque somos un gran equipo! Planificamos con coidado a elaboración, o xoves tiñamos pensado sair de compras pero como choveu  chamamos por teléfono á tenda de Castrelo  para pedirlles por favor se nos podían acercar a compra (grazas Ceci pola túa paciencia e a coloboración sempre) e o venres puxémonos mans á obra. Quedounos moi saboroso e como o fixemos mooi grande puidemos repartir a proba para o resto das clases de primaria. No seguinte vídeo tedes un resumo do moito que desfrutamos!!



venres, 18 de outubro de 2024

mércores, 9 de outubro de 2024

RECOLLEMOS FROITOS DE OUTONO!!


A semana pasada os nenos de infantil aproveitamos un día de bo tempo para recoller froitos de outono. Recollemos as mazás que temos no patio e saímos por detrás do cole para recoller noces, puxémolas a secar na aula e esta semana comezamos a limpalas. 



luns, 7 de outubro de 2024

luns, 23 de setembro de 2024

mércores, 18 de setembro de 2024

PARABÉNS ENZO!!

 Hoxe na clase de 3 anos tivemos festaaa!! Enzo cumpriu 3 anos!! E festexámolo xuntos... PARABÉNS ENZO!!

PERIODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS!!


Hoxe os máis pequenos de Castrelo remataron o periodo de adaptación ao cole de maiores!! Foi unha semana de moitas emocións, risas, xogos, novas amizades e algunha que outra bágoa...  Comezan unha das etapas máis bonitas e divertidas. BENVIDOS AO COLE DE CASTRELO!!



OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS NO COLE ( clase de 4 e 5 anos)!!

 

Despois dun verán moi intenso, na clase de 4 e 5 anos tiñamos moitas ganas de volver a vernos. Esta primeira semana fixemos un pouco de todo e comezamos o curso 24-25 con moitas ganas e ilusión!!



luns, 24 de xuño de 2024

RESUMO CURSO 23-24 (3 E 4 ANOS)


Os nenos da clase de 3 e 4 anos rematan un curso emocionante e no que aprenderon, xogaron e compartiron xuntos centos de aventuras, que podedes ver condensadas neste vídeo. Feliz verán pequen@s!!


sábado, 22 de xuño de 2024

xoves, 20 de xuño de 2024

GRADUACIÓNS 2024!!

 Onte os maiores de infantil graduámonos no Auditorio xunto cos nenos de 6º de primaria.

Remata para nós unha das etapas máis bonitas e emocionantes das nosas vidas, tres anos desde que chegamos ao cole de maiores, tres anos que a nosa profe resumiu no seguinte vídeo

Nós tamén quixemos deixar un bonito recordo desta etapa e coa axuda dos nosos profes gravamos a seguinte canción que onte bailamos sobre o escenario

Aquí vos deixamos un vídeo resume en imaxes do que foi a emotiva da tarde-noite de onte








martes, 18 de xuño de 2024

luns, 17 de xuño de 2024

CONTACONTOS INFANTIL


 Para comezar aúltima semana de cole, hoxe os nen@s de infantil asistimos a unha sesión de contacontos a cargo de Sabela Gago. Pasámolo xenial!!










xoves, 13 de xuño de 2024

PARABÉNS MATEO!!

 Hoxe na clase de 5 anos festexamos o aniversario de Mateo, que xa ten 6 anos, que maior!! PARABÉNS MATEO!!



martes, 11 de xuño de 2024

RECOLLEMOS AS LEITUGAS!


Na clase de 3 e 4 anos gústanos moito andar no horto, a semana pasada recollemos algúns amorodos e regamos e onte recollemos as leitugas para comer hoxe no comedor. Estaban máis ricas que nunca!!


domingo, 9 de xuño de 2024

CICLO DE VIDA DOS VERMES DA SEDA

 

Fai un mes que na clase de 3 e 4 anos escoitamos o conto de Curtis "QUIERO UNA MARIPOSA", e comezamos a investigar sobre o ciclo de vida das bolboretas. A profe trouxo a clase un oviños diminutos dos que ao pasar uns días comezaron a sair uns pequenos vermes oscuros que tiñamos que ver a través da lente binocular, tivemos moitísmo coidado con eles, fomos alimentándoos e coidándoos cada día. Comían moito, moitísimo, engordaron moito moito e despois de moito pensalo, decidimos repartilos polas clases para que todos os nosos amigos do cole puidesen ver a transformación. Agora os nosos vermes repoludos xa comezaron a tecer a seda e a maioría xa están metidiños no seu casulo...e anós soamente nos queda ter paciencia e agardar a que deses casulos poidamos ver sair as bolboretas!!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo en imaxes...



sábado, 25 de maio de 2024

EXCURSIÓN MARCELLE (INFANTIL)

 

Onte, os pequen@s de Castrelo, xunto co resto do cole, fomos de excursión a Marcelle!! Pasamos un día xenial, disfrutamos moitísimo e sobre todo soubemos comportarnos de marabilla!! Aquí vos deixamos un pequeno resumo...




xoves, 23 de maio de 2024

III CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe, os pequenos de Castrelo, participamos xunto co resto do cole, na III Carreira das Letras Galegas.


Corremos pola lingua, participamos con moita ilusión!


E todos, TODOS, somos uns auténticos CAMPEÓNS, por iso levamos as nosas medallas e chaspas de Luísa Villata!!





xoves, 16 de maio de 2024

No HORTO!!

 

Esta semana fomos ao noso horto,regamos, quitamos as herbas malas e  xa puidemos recoller algúns amorodos e un par de leitugas que levamos directamente ao comedor. Fíxonos moita ilusión ver como medran as nosas plantiñas!!



luns, 13 de maio de 2024

FESTA DA PRIMAVERA! GRAZAS ANPA!!

 

Este sábado a ANPA  organizou a FESTA DA PRIMAVERA, unha perfecta excusa para xuntar de novo á comunidade educativa do noso cole. Arredor dunhas ricas paellas xuntámonos familias, profes, alumnos e antigos alumnos. MOTÍSIMAS GRAZAS pola iniciativa e polo traballo realizado, foi unha tarde noite xenial!!



 



sábado, 11 de maio de 2024

COLECTA AECC


Os pequen@s de Castrelo fomos moi solidarios no día da colecta da Asociación Española contra o Cancro. Moitas grazas a todos pola vosa solidaridade!



xoves, 9 de maio de 2024

AUDITORIO: "O VIOLINO DE LUÍSA"

Hoxe os pequenos de Castrelo asistimos no auditorio a unha sesión musical de "Oviravai", titulada "O violino de Luísa", na que puidemos coñecer a través da música algúns detalles de Luísa Villalta, á que este ano se lle adican as Letras Galegas.



martes, 7 de maio de 2024

XUNTOS, ENCHAMOS ESTE PETO!!


O vindeiro xoves 9 de maio, a Asociación Española Contra o Cancro celebra o día da colecta anual. Dende o cole de Castrelo colaboramos con eles custodiando un dos seus petos solidarios para que podades facer as vosas aportacións. Agradecemos de antemán a vosa solidaridade!

domingo, 5 de maio de 2024

FELICIDADES MAMÁS

 Moitísimas felicidades a todas as mamás do mundo pero sobre todo ás nosas, ás mamás dos pequen@s de Castrelo!! Traballamos durante moitos días para facer o regaliño con moito amor e ilusión. FELIZ DÍA A TODAS!!




venres, 3 de maio de 2024

ILUSIONADOS CO REGALO PARA MAMÁ

 Hoxe os pequen@s de Castrelo marchamos moi ilusionados co regaliño que lle preparámos ás nosas mamás. A ver se podemos manter o misterio ata o domingo....


QUE SERAAA???




martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

 Hoxe para festexar o día do libro, os compañeiros da clase de 4º de primaria contaron contos ao aire libre nos diferentes grupos. Aos pequenos de Castrelo tounos o conto de "Cocorico", contado por Marcos e Valentina, que o fixeron xenial





Despois na clase fixemos un debuxo de Cocorico


No comedor, Mary e Vane fixeron sopa de letras para xantar!
E tamén fixemos  marcapáxinas na clase de 3 e 4 anos

E na clase de 5 anos debuxamos aos nosos personaxes de contos preferidos