Amosando publicacións coa etiqueta periodo de adaptacion. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta periodo de adaptacion. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de setembro de 2025

Periodo de adaptación superado!!

 


As nenas e os nenos de 3 anos xa son moi maiores! Superaron esta primeira semana súper ben: coñecendo as rutinas da aula, pintando, facendo os novos percheiros, merendando... e sobre todo xogando!

Sen dúbida a axuda dos seus compañeiros/as maiores de 4 anos foi importantísima, ensinándolles os xoguetes, as instalacións do cole, xogando no patio todos xuntos... Damos comezo así a un curso súper especial!

  




mércores, 18 de setembro de 2024

PERIODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS!!


Hoxe os máis pequenos de Castrelo remataron o periodo de adaptación ao cole de maiores!! Foi unha semana de moitas emocións, risas, xogos, novas amizades e algunha que outra bágoa...  Comezan unha das etapas máis bonitas e divertidas. BENVIDOS AO COLE DE CASTRELO!!