Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
mércores, 31 de outubro de 2018
PIZZA TERRORÍFICAAA!!
Esta mañá os nen@s de infantil fixemos unha receita moi terrorífica.. e moi ricaaa!!
Unha pizza doce de froitas inspiradas nunha catrina, mirade que chula nos quedou
Se queredes ver o ben que o pasamos mirade o video!!
MANUALIDADES/CABAZAS DAS FAMILIAS 2018
No seguinte video podedes ver as manualidades e as cabazas que fixeron @s nen@s de infantil coa axuda das súas familias.
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración un ano máis!!
martes, 30 de outubro de 2018
MANUALIDADES DO SAMAÍN/HALLOWEEN
Esta semana estivemos decorando o cole con aspecto terrorífico...Mirade que medo!!
Os nen@s de infantil pasámolo "de medo" facendo estas manualidades
Os nen@s de infantil pasámolo "de medo" facendo estas manualidades
Mañá algo terroríficoooo nos está agardandoooo
Preparádevos......
A VOLTA AO MUNDO EN 80 LECTORES
No ano 2019 celébrase o V centenario da volta ao mundo de Fernando Magallanes e Juan Sebastián Elcano. Este foi o motivo polo que o tema da biblioteca do noso cole durante este curso leva por título "A volta ao mundo en 80 lectores", que somos o número de alumnos, profes e persoal do cole.
Hoxe na hora de ler algúns dos máis maiores do cole contáronlles aos máis peques un pasaxe do conto: "A volta ao mundo en 80 días"
E os peques quedamos intrigados... conseguirá o señor Fog dar a volta ao mundo en 80 días?...

xoves, 25 de outubro de 2018
PREPARANDO O SAMAÍN- HALLOWEEN...
Os peques de Castrelo estamos preparando o Samaín/Halloween, facendo manualidades, decorando o cole...todo moooi terrorífico!!
Hoxe asustámosvos con este morcego, pronto vos ensinaremos máis cousas... qué medo!!
mércores, 24 de outubro de 2018
BISCOITO DE OUTONO
Como xa sabedes nas semanas anteriores recolectamos no noso patio froitos de outono: mazás e conchos. Ademáis onte fomos de compras para mercar o resto dos ingredientes.
Hoxe fixemos o noso biscoito de outono e mirade que rico nos quedou!!
Se queredes ver todo o proceso e ter a receita, mirade no seguinte vídeo
martes, 23 de outubro de 2018
PLAENETARIO MÓBIL E COMPRA!!
Esta mañá @s peques de Castrelo fixemos outra saída polo pobo, cómo nos gusta sair de paseo e aprender cousas novas!!
No pavillón temos instalado durante esta semana o planetario móbil de eduCaixa, e imos visitalo por clases, esta mañá tocounos aos nen@s de infantil.
De camiño paramos na tenda do pobo a mercar unhas cousas que nos fan falta para facer un taller de cociña nos vindeiros días
A visita ao planetario gustounos moito. Vimos o conto: "La niña que sabía caminar al revés"
Pasámolo xenial!!
No pavillón temos instalado durante esta semana o planetario móbil de eduCaixa, e imos visitalo por clases, esta mañá tocounos aos nen@s de infantil.
De camiño paramos na tenda do pobo a mercar unhas cousas que nos fan falta para facer un taller de cociña nos vindeiros días
E Cecilia regalounos uns gusanitos, porque somos moi bos clientes. GRAZAS CECILIA!!
Pasámolo xenial!!
domingo, 21 de outubro de 2018
ESTELA DO VAL!!
Como xa sabedes o venres visitamos a Bodega Franco Basalo, alí vimos como elaboran o seu viño "Estela do Val" e aprendemos cousas moi interesantes. No seguinte vídeo tedes un pequeno resumo en imaxes. Moitas grazas a Jose por permitirnos a visita e a Raquel pola súas explicacións e a súa paciencia. GRAZAS!!
venres, 19 de outubro de 2018
VISITAMOS A BODEGA FRANCO BASALO
Esta mañá @s nen@s de infantil e o primeiro curso de primaria visitamos a bodega Franco Basalo e completamos o noso aprendizaxe sobre o mundo da vendima e o viño. Foi unha mañá moi divertida!!
Pronto faremos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos...
Pronto faremos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos...
mércores, 17 de outubro de 2018
RECOLLENDO MAZÁS
Mirade como está a mazaira do noso patio
Moitos de nós levamos semanas comendo mazás... e recién collidas da árbore.
Hoxe os nen@s de infantil baixamos ao patio a recoller mazás. Subirnos nunha escaleira era algo perigoso, a profe Betty case nin chegaba ela, polo tanto nada mellor que o colo da profe Mary
Despois subimos a clase e colocamos a nosa colleita
Somos moi afortunados, o noso patio é moi productivo en outono. De momento, xa temos as noces da semana pasada e agora as mazás.
Pronto teredes noticias do que faremos con estes dous froitos de outono...

luns, 15 de outubro de 2018
DEGUSTANDO AS RECEITAS DE OUTONO
Hoxe era o último día para traer a receita de outono co froito que nos tocou. Aos nen@s de infantil tocounos unha receita con mazás.
As nosas Sofías ademáis de traer a receita escrita sorprendéronnos co biscoito con mazás elaborado por elas coa axuda das súas familias...
Foi unha merenda diferente e moi típica desta estación.
Moitas grazas Sofías!!
As nosas Sofías ademáis de traer a receita escrita sorprendéronnos co biscoito con mazás elaborado por elas coa axuda das súas familias...
Foi unha merenda diferente e moi típica desta estación.
mércores, 10 de outubro de 2018
RECOLLENDO CONCHOS!!
Xa chegou o outono, os nenos de infantil, recollemos conchos da nogueira. Agora puxémolos a secar ao sol.
Que podemos facer con eles....Seguro que algo mooi rico!!
Que podemos facer con eles....Seguro que algo mooi rico!!
xoves, 4 de outubro de 2018
IMOS DE VENDIMA!!!
Estamos en tempo de vendimas. Esta tarde, os máis peques do cole saímos a ver que é eso de vendimar...
A primeira parada foi moi cerca: na casa do veciño, que nos ensinou que as uvas saen das parras e hainas brancas e tintas, as parras eran moi altas. Moitas grazas Manolo!! Logo seguimos camiño por detrás do cole e fomos á viña de outro Manolo, alí había mooitas uvas, pero non en parras, senón máis baixas, en cepas...
De volta ao cole xuntamos as uvas que cortamos coas que nos mandaron os papás e pisámolas....
Foi unha tarde moi divertida, gustounos moito aprender cousas sobre e vendima!!
Mirade que ben o pasamos...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)