Amosando publicacións coa etiqueta vendima. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vendima. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de setembro de 2025

MATEMÁTICAS COA VENDIMA


 

 

Na clase de 3 e 4 anos estivemos traballando dous conceptos matemáticos aproveitando a vendima que fixemos onte. 

Primeiro, sacamos "tantas uvas como" nos indicaba a profe dos racimos e despois, xa coas uvas separadas, puidemos traballar as formas xeométricas, concretamente o cadrado e o triángulo!

Fixérono xenial!! 

 


xoves, 25 de setembro de 2025

IMOS DE VENDIMA!

 


Menuda aventura tivemos hoxe!! As nenas e os nenos de Infantil tivemos a oportunidade de ir vendimar moi preto do cole,  coa Bodega Manuel Vázquez Losada da D.O. de Monterrei! Recollemos un montón de racimos entre todos, 3 caixas!! 

Xa de volta no cole, puidemos probalas para merendar e aproveitamos para traballar conceptos matemáticos como o conteo ou as decenas. 

Moitas grazas pola vosa axuda Cecilia e Bodega Manuel Vázquez Losada!




xoves, 3 de outubro de 2019

PISAMOS AS UVAS!!

Onte fomos de vendima e hoxe pisamos as uvas!!Foi unha experiencia moi chula, aínda que non a tod@s nos gustou a sensación de esmagar as uvas cos pés, o certo é que pasamos unha mañá moi divertida e aprendemos moitas cousas. Moitas grazas de novo a Jose Luis, o papá de Elba, por abrirnos as portas da súa bodega, pola súa paciencia, pola súa adicación e por esas uvas tan ricas que nos regalou.

domingo, 21 de outubro de 2018

ESTELA DO VAL!!

Como xa sabedes o venres visitamos a Bodega Franco Basalo, alí vimos como elaboran o seu viño "Estela do Val" e aprendemos cousas moi interesantes. No seguinte vídeo tedes un pequeno resumo en imaxes. Moitas grazas a Jose por permitirnos a visita e a Raquel pola súas explicacións e a súa paciencia. GRAZAS!!

venres, 19 de outubro de 2018

VISITAMOS A BODEGA FRANCO BASALO

Esta mañá @s nen@s de infantil e o primeiro curso de primaria visitamos a bodega Franco Basalo e completamos o noso aprendizaxe sobre o mundo da vendima e o viño. Foi unha mañá moi divertida!!

Pronto faremos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos...