luns, 21 de xuño de 2021

RESUMO DO NOSO PRIMEIRO ANO NO COLE

O curso remata e este non foi un curso calquera. Para @s pequen@s de tres anos foi o seu primeiro ano no cole, un ano diferente e especial para eles, pero tamén para profes e familias. Este curso marcounos moito a todos pero podemos decir que xuntos CONSEGUÍMOLO!! Deixovos un vídeo-resumo do seu primeiro ano no cole, non foi fácil concentrar un ano tan intenso nun vídeo, faltan moitos bos e algúns non tan bos momentos que xuntos compartimos, pero quedarán gardados na nosa mente e no noso corazón. GRAZAS POR TANTO!!

3 ANOS 20-21 - Kizoa Movie Maker

martes, 15 de xuño de 2021

PARABÉNS GRADUADOS!!

 O pasado venres celebramos o acto de graduación dos maiores de infantil, que despois de tres anos pasan a primaria. Nerea, Ares, Sofía, Alexia, Iria e Alba compartiron moitas experiencias e bos momentos durante estes tres anos, asentando as bases da primeira amizade. Aquí podedes ver o vídeo- resumo da súa etapa infantil. PARABÉNS GRADUADOS!!



luns, 14 de xuño de 2021

GÚSTANOS O QUE COMEN OS POLIÑOS!

 Aos nosos poliños encántalle comer millo, como son moi pequeniños aínda, o millo que lle damos é trillado, nós quedamos pasmados vendo como comen, se lles gusta tanto será que está moi rico, polo tanto queremos probalo!! No comedor, Isidro, o noso cociñeiro púxolle millo doce á ensalada e... bueno... a algúns gustounos pero a outros non... polo que tivemos que buscar outra preparación que nos convencera a todos: as palomitas!!! O venres fixemos palomitas !! e agora sí que sí... xa entendemos porque lles gusta tanto porque a nós encantáronnos as palomitas!!






sábado, 12 de xuño de 2021

COCORICO, ARTURO E PEPE!!

 @s pequen@s de Castrelo estamos felices cos nosos poliños, xa os bautizamos!! Presentámosvos a Arturo, Cocorico e Pepe! 


Comen moito e encántalles que lles cantemos e a nós encántanos cantarlle e coidalos con moito cariño


Na clase de música desta semana, a profe Merchy ensinounos dúas cancións máis para que lles cantemos. Pasámolo xenial! Grazas profe Merchy









xoves, 10 de xuño de 2021

VEMOS O ECLIPSE!!

 Hoxe estivemos aprendedo que é un eclipse, entendémolo moi ben!! E grazas a unha caixiña máxica que fixo o profe Víctor, puidemos velo moi clariño e sen riscos para os nosos ollos. Grazas profe Víctor!!



martes, 8 de xuño de 2021

SORPRESA!!!

 Hoxe foi un día moi especial e moi esperado por tod@s @s pequen@s. Levamos unhas semanas con moita paciencia, contando cada día, ata chegar ao día 8 de xuño!! Hoxe era o día 21 dos nosos poliños...

Chegamos moi ilusionados e imapacientes... con nervios e os ollos coma platos... non queríamos perdernos un detalle


E por fin empezaron a sair os nosos poliños!!






luns, 7 de xuño de 2021

PARABÉNS MELISSA!!

 Onte a nosa Súper Melissa cumpriu 4 aniños e a pesares de ser domingo, hoxe convidounos a merendar para festexalo. Moitísimas grazas pola merenda!! PARABÉNS MELISSA!!