Amosando publicacións coa etiqueta proxecto poliños. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto poliños. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de xuño de 2021

GÚSTANOS O QUE COMEN OS POLIÑOS!

 Aos nosos poliños encántalle comer millo, como son moi pequeniños aínda, o millo que lle damos é trillado, nós quedamos pasmados vendo como comen, se lles gusta tanto será que está moi rico, polo tanto queremos probalo!! No comedor, Isidro, o noso cociñeiro púxolle millo doce á ensalada e... bueno... a algúns gustounos pero a outros non... polo que tivemos que buscar outra preparación que nos convencera a todos: as palomitas!!! O venres fixemos palomitas !! e agora sí que sí... xa entendemos porque lles gusta tanto porque a nós encantáronnos as palomitas!!






sábado, 12 de xuño de 2021

COCORICO, ARTURO E PEPE!!

 @s pequen@s de Castrelo estamos felices cos nosos poliños, xa os bautizamos!! Presentámosvos a Arturo, Cocorico e Pepe! 


Comen moito e encántalles que lles cantemos e a nós encántanos cantarlle e coidalos con moito cariño


Na clase de música desta semana, a profe Merchy ensinounos dúas cancións máis para que lles cantemos. Pasámolo xenial! Grazas profe Merchy









martes, 8 de xuño de 2021

SORPRESA!!!

 Hoxe foi un día moi especial e moi esperado por tod@s @s pequen@s. Levamos unhas semanas con moita paciencia, contando cada día, ata chegar ao día 8 de xuño!! Hoxe era o día 21 dos nosos poliños...

Chegamos moi ilusionados e imapacientes... con nervios e os ollos coma platos... non queríamos perdernos un detalle


E por fin empezaron a sair os nosos poliños!!






mércores, 26 de maio de 2021

PROXECTO DOS POLIÑOS

 @s pequen@s de Castrelo levamos unha semana moi intensa... Fai tempo á nosa clase chegou un paquete moi especial, era unha máquina moi rara, que investigando soubemos que se trata dunha incubadora. Comezamos un pequeno proxecto sobre os poliños... Estamos aprendendo moitas cousas...

De momento e con moita ilusión, puxemos a incubadora en funcionamento... 

 
E coa axuda das nosas familias recopilamos todo o que tiñamos pola casa relacionado co tema, mirade cantas cousas nos mandaron!! Moitas grazas a todos pola vosa axuda!!



Xa vos iremos contando cantas cousas imos aprendendo e o resultado final da nosa investigación.