luns, 25 de xuño de 2018

AVANZANDO CARA O PLURILINGÜISMO!!

Fai xa  3 anos que no noso cole temos seccións bilingües con auxiliar de conversa nativo, pero para o vindeiro curso embarcámonos nun novo e emocionante proxecto: ser un centro plurilingüe, e de momento imos polo bo camino, xa que estamos na lista provisional de admitidos para formar parte da Rede de Centros Plurilingües de Galicia:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25368
Ademais, tamén estamos admitidos no proxecto Plurinfantil, para levar o plurilingüismo aos alumnos e alumnas de Educación Infantil:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25370

venres, 22 de xuño de 2018

FESTA FIN DE CURSO

Aquí vos deixamos un completo reportaxe para que podades ver con todo detalle que ben despedimos o curso @s nen@s de Castrelo

AS NOSAS ORLAS

Este ano as orlas non podían ter outro motivo: as abellas.
Mirade que bonitas nos quedaron, nós mesmos pintamos o fondo e escribimos os nosos nomes, as profes solo se encargaron das fotos e de facer a montaxe...se é que somos uns artístas!!


ORLA DE 3 ANOS


ORLA DE 4 E 5 ANOS





OS SOÑOS DOS NENOS DE TRES ANOS

Os nenos de tres anos teñen moita imaxinación e no seu primeiro ano de cole soñaban con ser...




Se os coñecedes sabedes que poderán chegar a ser todo aquelo que se propoñan, de momento son moi felices que é o máis importante.

PARABÉNS AOS NOSOS GRADUADOS!!

Este ano un grupo de nen@s  deixan de lado os mandilóns, as longas asambleas de pola mañá, os xogos nos recunchos... para comezar unha nova e emocionante etapa: a primaria.
Moitísima sorte nesta nova aventura compis!!



PARABÉNS GRADUADOS!!!

xoves, 21 de xuño de 2018

ÚLTIMO DÍA EN POUCAS IMAXES!!

Hoxe foi o último día do curso para @s nen@s, un día de xogos, convivencia, despedidas, emocións... sobre todo moitas emocións.
Mañá ensinarémosvos o video con todas as fotos, pero aquí tedes en poucas imaxes un resumo moi completo:

Para conmemorar o día internacional do Ioga, comezamos da mellor maneira: master class de Ioga


Seguimos con master class de Zumba


xogos populares 



talleres



festa da auga


comida  no patio


En definiva un día moi completo, no que nos divertimos como a nós nos gusta: xuntos e valorando o realmente importante, esas amizades que cada día son máis fortes

A verdade é que en poucos coles poden presumir de integrar tan ben a nen@s dende os 3 ata os 13 anos,donde pequenos e maiores xogan xuntos sen problemas e ademáis disfrutan facendoo



FELIZ VERÁN PEQUENOS!!

Despois dun ano, o seu primeiro ano no cole, de moitísimas e importantes aprendizaxes, os nen@s de 3 anos despedironse ata o vindeiro curso. FELIZ VERÁN PEQUENOS!!


Estes foron os seus últimos traballos en tres anos:

A bolsa para gardar as notas, orlas e o seu merecido agasallo de fin de curso
 a portada dos seus traballos do 3º trimestre

mércores, 20 de xuño de 2018

QUÉ ARTISTAS!!

Ultimo día de clase, último día de mandilón para os compis de 5 anos e calor, moito calor... clase ao aire libre e xuntámonos para facer un súper mural de verán... Todo comezou así: un bo trozo de papel, pinceis, cores e unha única consigna: a divertirse...
...e vaia se nos divertimos: pintamos, pintamos e pintamos...

C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

Mirade o resultado final
SOMOS UNS ARTÍSTAS!!!

XEADOS DE MEL!!

Onte os nen@s de infantil fixemos un taller de cociña, e na época na que estamos tiñamos claro que tiña que ser un xeado, e despois dun trimestre no que nos convertemos en expertos na apicultura, o sabor do xeado tampouco foi difícil de escoller. Mirade como fixemos os nosos XEADOS DE MEL!!

luns, 18 de xuño de 2018

GRADUÁMONOS!!!

Despois de 3 cursos, os nenos e nenas de 5 anos din adeus a Infantil para comezar unha nova etapa: a Primaria. Seguirán medrando, sobre todo como persoas e aprendendo, como continuarán a facer ao longo das súas vidas... As profes de Infantil desexámosvos o mellor na nova etapa!!!



domingo, 17 de xuño de 2018

O NOSO PRIMEIRO ANO NO COLE!!

Este curso que está a piques de rematar foi moi especial para @s nen@s de 3 anos, xa que era o seu primeiro ano no cole de Castrelo. No seguinte video intentei recoller algúns dos momentos vividos, que foron moitos e moi especiais. Grazas por un ano xenial!!

mércores, 13 de xuño de 2018

FACENDO MEMORIA...

Os nenos e nenas de cinco anos comenzan a decatarse de que queda moi pouco tempo en Infantil... con todo o que aprenderon...por iso fixeron memoria e deixan aiquí una recopilación moi interesante... Agardamos que vos guste.



domingo, 3 de xuño de 2018

EXCURSIÓN A APÍPOLIS!!!

Despois de varias semanas investigando no noso proxecto sobre as abellas, chegou o gran día: o venres visitamos Apípolis. Alí puidemos por en práctica e ver de cerca moitas das cousas que aprendemos na clase. Fomos co resto do cole e tamén nos acompañaron os nen@s do cole de Medeiros. Unha vez alí fixemos tres grupos e fomos rotando polas diferentes actividades: visita á exposición e conto, procesado do mel e elaboración dunha vela, taller de galletas de mel, visita ao apiario con traxes de apicultores... No seguinte vídeo tedes un pequeno resumo do noso día... Mirade que ben o pasamos!!