luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ

Hoxe festexamos o Día da Paz con actividades conxuntas co resto do cole. Durante a semana pasada, cada un de nós estampou a súa man coa súa cor favorita nun mural e escribiu unha palabra en inglés, galego e ou castelán. Entre todos fixemos  "un mundo de cores".

 Ademáis o profe Julián nas clases de música da semana pasada ensinounos unha canción moi bonita "A peor xogada". Hoxe cantámola todos xuntos!!



luns, 16 de xaneiro de 2023

VISITA MOI ESPECIAL!!

 Hoxe @s nen@s de infantil tivemos unha sorpresa!! Visitaronnos no cole as nosas mascotas: Curtis, Candy e Cora!!! Pasámolo xenial !! Grazas pola visita.











martes, 10 de xaneiro de 2023

GRAZAS REIS MAGOS!!

 


Na clase de 5 anos comezamos o trimestre con moita ilusión, xa que o primeiro día agardábanos unha sorpresa: os Reis Magos pasaron pola nosa clase e deixaron moitos regaliños...