sábado, 29 de outubro de 2022

HAPPY HALLOWEEN!! FELIZ SAMAÍN!!

Na clase de 5 anos rematamos unha semana moi intensa e de moito traballo cun día de festa!!Puxémonos terroríficamente guapos para celebrar o Halloween- Samaín


 Pero antes da festa, tocou traballar, para adornar todo o cole e fixémolo moi ben, tanto na casa coma no cole. Aquí tedes as manualidades/cabazas que fixemos na casa coa axuda das nosas familias. MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!

No cole traballamos moito e moi motivados... Mirade o resultado e o proceso....






Despois de tanto traballo nos días previos, onte festexamos como se merece, aprendemos a preparar unha merenda moi doce e terrorífica



No comedor, tivemos menú especial. GRAZAS MARY E VANE!!



E por fin, festexamos todos xuntos cantando e bailando co resto do cole, seguindo as indicacións da teacher Bea. THANKS TEACHER BEA!! HAPPY HALLOWEEN!!








luns, 24 de outubro de 2022

COMEZANDO A SEMANA DE SAMAÍN-HALLOWEEN!!

 


Na clase de 5 anos levamos máis dunha semana, recortando e cosendo para facer as nosas pantasmas, ata tivemos que ir á farmacia comprar algodón para meterlle por dentro! Mirade que ben nos quedaron!
... e o traballiño que nos deron, xa somos uns expertos costureiros!










venres, 21 de outubro de 2022

PARABÉNS SARA E MARA!!

 Por fin chegou o día!! Sara e Mara estaban ansiosas coa conta atrás... Hoxe cumpren xa 5 aniños e festexámolo con merenda larpeira!! PARABÉNS PRINCESAS!!



martes, 18 de outubro de 2022

DE COMPRAS Á FARMACIA!!

 Na clase de 5 anos, levamos uns días traballando nunha manualidade para Halloween-Samaín, facíanos falta algodón para continuar o noso traballo e como xa somos moi maiores, fomos  mercalo á farmacia. Trouxemos o paquete máis grande que había!! 

Grazas Amalia e Chelo pola paciencia.







venres, 14 de outubro de 2022

VISITA AO MUSEO

Os nen@s da clase de 5 anos no caderno de Cora estamos traballando as cousas que hai na rúa e na nosa contorna. O outro día Cora visitou un museo, moitos de nós nunca visitaramos un museo e non sabiamos que en Castrelo, ao lado do cole, hai un museo!!

Esta mañá Ramón veu buscarnos á nosa clase para explicarnos un pouco o que nos atopariamos no museo, fomos moi ilusionados. Era a nosa primeira saída neste curso e como xa somos tan maiores tiñamos que ir ao museo! Cando chegamos impresionaronnos moito as pedras antigas, os utensilios, as ferramentas, o tear... e  grazas ás explicacións de Ramón, puidemos coñecer o xeito de vida de fai moitos moitos anos por esta zona. Foi unha mañá moi proveitosa e de volta á clase a profe comprobou que estiveramos moi atentos, pois cada un de nós explicou unha cousa das que aprenderamos hoxe... e non repetimos ningunha!!

Moitísimas grazas Ramón polas túas explicacións e sobre todo pola paciencia e adicación.



sábado, 8 de outubro de 2022

RATIÑOS GARDADENTES


Cando empezamos o curso, Mara xa recibira por primeira vez a visita do ratiño Pérez, que pronto!! Contounos todo con moita ilusión, tanta que todos esperamos a que chegue o día que nos veña visitar. Para ir preparando ese día, na clase fixemos con moito cariño os nosos ratiños gardadentes, para que cando chegue o momento lle poidamos deixar o noso dente ao ratiño Pérez. Que emoción!!



luns, 3 de outubro de 2022

VISITA ESPECIAL!!

 


Comezamos a semana cunha sorpresa moi especial!! A nosa amiga Elba, de primeiro de primaria, trouxo un parruliño precioso ao cole e a profe Eva deixóunolo un pouquiño... foi xenial, porque como estamos traballando a letra P, escribimos a palabra PATO e fixámonos moito nos detalles para aprender a debuxalo todos xuntos... quedaronnos uns patiños preciosos!! GRAZAS ELBA E PROFE EVA!!