Os nenos da clase de 3 e 4 anos rematamos esta semana as unidades relacionadas coa saúde, por iso decidimos pechar estes temas cunha visita á farmacia para repor o material do botiquín do cole, fixemos unha pequena parada tamén no centro de saúde, xa que moitos non sabiamos que en Castrelo tamén hai centro de saúde. Moitísimas grazas Amalia, Chelo e Vera por facilitarnos esta experiencia, pola paciencia, as explicacións e... os regaliños!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 23 de febreiro de 2024
luns, 14 de novembro de 2022
FOMOS DE COMPRAS Ó LITO
Hoxe os nenos da clase de 5 anos fomos de compras á tenda do Lito. Tiñamos moitas ganas de ir dende a semana pasada pero sempre chovía... No conto da última unidade, Cora axudaba ao seu papá a facer un rico biscoito e nós que estivemos moi atentos, anotamos todos os ingredientes. Hoxe por fin puidemos ir facer a compra e na tenda do Lito tíñanos todos! Moitas grazas Ceci pola paciencia e polas galletas!!
venres, 14 de outubro de 2022
VISITA AO MUSEO
Esta mañá Ramón veu buscarnos á nosa clase para explicarnos un pouco o que nos atopariamos no museo, fomos moi ilusionados. Era a nosa primeira saída neste curso e como xa somos tan maiores tiñamos que ir ao museo! Cando chegamos impresionaronnos moito as pedras antigas, os utensilios, as ferramentas, o tear... e grazas ás explicacións de Ramón, puidemos coñecer o xeito de vida de fai moitos moitos anos por esta zona. Foi unha mañá moi proveitosa e de volta á clase a profe comprobou que estiveramos moi atentos, pois cada un de nós explicou unha cousa das que aprenderamos hoxe... e non repetimos ningunha!!
Moitísimas grazas Ramón polas túas explicacións e sobre todo pola paciencia e adicación.
luns, 16 de abril de 2018
VISITA ECOAGRO
mércores, 25 de outubro de 2017
DE COMPRAS NA FARMACIA...
Comezamos esta semana facendo a compra para repor cousiñas que nos faltaban no botiquín e coller varias caixas de vendas para facer unha manualidade..
A ver se adiviñades de que se trata??... Pronto veredes o resultado..
FARAMACIA (OUTUBRO 2017) by Slidely Photo Gallery
Moitas grazas ás farmacéuticas que nos recibiron cunha piruleta. Prometemos volver pronto...





