Hoxe os nenos e nenas de infantil fomos facer unha pequena excursión á farmacia de Castrelo... Que andaremos a argallar?? Pronto o saberedes...
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
Hoxe os nenos e nenas de infantil fomos facer unha pequena excursión á farmacia de Castrelo... Que andaremos a argallar?? Pronto o saberedes...
Os nenos da clase de 3 e 4 anos rematamos esta semana as unidades relacionadas coa saúde, por iso decidimos pechar estes temas cunha visita á farmacia para repor o material do botiquín do cole, fixemos unha pequena parada tamén no centro de saúde, xa que moitos non sabiamos que en Castrelo tamén hai centro de saúde. Moitísimas grazas Amalia, Chelo e Vera por facilitarnos esta experiencia, pola paciencia, as explicacións e... os regaliños!
Na clase de 5 anos, levamos uns días traballando nunha manualidade para Halloween-Samaín, facíanos falta algodón para continuar o noso traballo e como xa somos moi maiores, fomos mercalo á farmacia. Trouxemos o paquete máis grande que había!!
Grazas Amalia e Chelo pola paciencia.
FARAMACIA (OUTUBRO 2017) by Slidely Photo Gallery
Moitas grazas ás farmacéuticas que nos recibiron cunha piruleta. Prometemos volver pronto...