Na aula de 5 anos tivemos unha sorpresa!
Unha maleta dun señor chamado Julio Verne apareceu misteriosamente na nosa aula... Dentro, había unha peza dun puzle, un libro e unha carta. Nesta última, Julio contábanos que escribiu un libro titulado: A volta ao mundo en 80 días! no cal, o seu protagonista, Phileas Fogg recorría o mundo... pero hai un problema: Julio está moi maior e non recorda os países!!
Na maleta, so nos mandou o seu libro e primeira peza do mapa que recorreou... Se logramos aprender moito de cada país que visitou Phileas (un por semana), iranos mandando as pezas que faltan, e así, completar o puzle entre todos!! Poderemos conseguilo?? Precisamos toda a axuda posible!!
Ademais, nestas dúas semanas, tamén estivemos a mergullarnos no outono e seguimos cos obradoiros semanais... non paramos!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario