venres, 30 de outubro de 2026

CELEBRAMOS SAMAÍN NO COLE!

 Hoxe os pequen@s de Castrelo pasamos un día terrorifícamente divertido!

Chegamos ao cole así de guapos para festexar o Samaín-Halloween


Nada máis chegar, puxémonos mans á obra para preparar a nosa merenda : unhas ollopizzas do máis saborosas...

Non perdemos o tempo e mentres as pizzas quedaron no forno, fomos á farmacia, a por as chuches,  na que xa se convertiu nunha visita habitual todos os Samaíns... Moitas grazas Amalia e compañía ...




Despois do recreo, os profes prepararon uns talleres de Halloween-Samaín por todas as aulas do cole, repartímonos en grupos, misturados cos compañeiros de todas as idades e xuntos fomos percorrendo cada unha das actividades. Foi moi divertido!!!
Chegou a hora de xantar e despois dunha semana de moitas dudas, por fin conseguimos a nosa comida terrorífica tamén no comedor. Grazas Jose e Sole por cociñarnos tan ben.


 
E como fin de festa, xuntámonos todos no patio para ver un vídeo feito polos nosos compañeiros de segundo de primaria e cantar a canción de inglés que preparamos coa teacher Bea. Que día máis intenso!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario