venres, 29 de outubro de 2021

FESTAXAMOS O SAMAÍN-HALLOWEEN!!

 Hoxe foi un día terroríficamente divertido!! E aínda que nos faltaron moitos compis e os extrañamos un montón, non puidemos deixar de festexar un día tan especial!!


Merenda moi doce e terrorífica!

Comida monstruosa:

Ovos de araña!

Gusanos podridos!

Dentes sanguentos de vampiro!

GRAZAS Á NOSA SUPERCOCIÑEIRA!! ESTABA TODO TERRORÍFICAMENTE RICO!!

... e para rematar o día, bailes no patio con todo o cole.
GRAZAS TEACHER BEA E PROFE LUCÍA!!

No seguinte vídeo tedes un resumo en imaxes do noso día máis terrorífico!!

xoves, 28 de outubro de 2021

PREPARANDO O SAMAÍN-HALLOWEEN!!

 No noso cole levamos unha semana traballando moito para decorar e preparar o Samaín-Halloween.

 Este ano decidimos que non fariamos nada na casa, aínda que nos gustan moito as cousiñas que facedes en familia, deixámolo para outra ocasión. Por eso, dende as diferentes aulas e coa colaboración especial dos teachers ,organizamos manualidades para decorar o centro e traballar o vocabulario desta celebración.

Na clase de 4 anos fixemos un bolsiño de araña para as chuches terroríficas

Uns morcegos

Unhas cabazas

E entre todos vacíamos unha cabaza terrorífica

Aproveitamos todo o que tiña dentro!! As pipas para secar, facer manualidades e algunha para sementar no horto! e o resto levámosllo a Vane a nosa súper cociñeira, que mañá nos vai preparar un delicioso e terrorífico doce con ela!! GRAZAS VANE!!




venres, 22 de outubro de 2021

ERAN CONCHOS!!

 Fai unhas semanas, os de 4 anos saímos a buscar un tesouro de outono... e como algúns xa adiviñastes, aquilo que andabamos buscando por detrás do cole eran conchos ou noces!!

Despois duns días secando ao sol, pelamos e seleccionamos os conchos.

E  hoxe fixemos un rico biscoito con eles. Encántanos cociñar e somos todos moi larpeiros!!

Mirade que ben o pasamos!!




xoves, 21 de outubro de 2021

PARABÉNS SARA E MARA!!

 Hoxe foi un día moi especial e moi esperado na aula de 4 anos, as nosas princesas máis festeiras cumpriron 4 aniños. Agora xa son moi maiores!! MOITÍSIMAS FELICIDADES PRINCESIÑAS!!

Moitas grazas familia por compartir con nós un día tan especial!!


venres, 15 de outubro de 2021

Saída da clase de 3 anos na procura de follas

 Dado que nos atopamos inmersos no traballo do outono, decidimos saír onte polos arredores do cole na busca de follas para facer logo unha estampación.












Resultou do máis divertido e ata atopamos figos e algunha noz. Esperamos repetir pronto a experiencia!

xoves, 7 de outubro de 2021

QUE ANDAMOS BUSCANDO??

 Esta semana @s de 4 anos saímos un par de veces  fóra do cole, non fomos moi lonxe, soamente á parte de atrás do cole.... pero para nós foi toda unha aventura. Estamos moi entusiasmados buscando pequenos tesouros!! A ver se adiviñades que andamos buscando...