xoves, 20 de decembro de 2018

ESTA MAÑÁ TURRÓN E MAZAPÁN!!

Esta mañá estivemos de cociñeiros facendo turrón e mazapán. Mirade que ben o pasamos, agora están reposando e polo tarde teremos unha merenda moi navideña!! Vémonos esta tarde no Auditorio con Turrón e Mazapán!!

mércores, 19 de decembro de 2018

MÁIS MANUALIDADES DE NADAL!!

Ademáis dos Cd´s para decorar as portas os nenos de infantil tamén fixemos unha bola de neve utilizando platos, mirade que chula nos quedou!!

E decoramos estas árbores de Nadal


martes, 11 de decembro de 2018

POSTAIS FAMILIAS INFANTIL

Hoxe remataba o prazo para traer as postais coas felicitacións navideñas, unha actividade que levamos facendo dende fai anos e na que implicamos ás familias. No seguinte vídeo podedes ver todas as postais que fixeron @s nen@s de infantil coa axuda das súas familias. Moitas grazas a tod@s por colaborar!!

luns, 10 de decembro de 2018

PARABÉNS IREA!!

Onte Irea cumpriu 4 aniños e hoxe quixo convidarnos a merendar con unhas deliciosas rosquillas que preparou coa axuda de papá e mamá. Moitisímas grazas, estaban deliciosas!!


mércores, 5 de decembro de 2018

CHEGOU O NADAL!!

X a chegou o Nadal ao noso cole...levamos unha semana moi intensa con ensaios, adornos, e as primeiras manualidades... mirade que bonitos quedaron os CD que nos mandastes.. con eles adornamos a nosa porta... Bo Nadal!!



MONSTRUO ROSA!!

Hoxe seguimos traballando sobre a discapacidade dun xeito moi especial, Antía e Álex de 6º de primaria contáronnos o conto "Monstruo Rosa" de Olga de Dios. 



Podedes ver o conto no seguinte vídeo..veredes como vos gusta!




martes, 4 de decembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Onte celebrouse o Día Internacional das persoas con discapacidade, como estivemos no Festival de Curtas  deixamos a conmemoración para hoxe.

Esta maña estivemos traballando  sobre este tema, basándonos en dous vídeos que queremos compartir con vós: A curtametraxe "Cuerdas" e  "La sonrisa de Valeria contra el Monstruo Ataxia", o conto adicado á nosa compañeira Valeria.

Se tedes cinco minutiños botádelle unha ollada, porque merecen moito a pena. Agardámos que vos emocionen tanto coma nós...

CUERDAS




"LA SONRISA DE VALERIA CONTRA EL MONSTRUO ATAXIA"





luns, 3 de decembro de 2018

FESTIVAL VÍA XIV

Hoxe fomos ao Auditorio de Verín para participar nas xornadas para escolares dentro da terceira edición do Festival de Curtas Vía XIV. Pasamos unha mañá moi entretida, coñecemos a Raquel Queizás, que nos ensinou de xeito moi entretido parte da historia do cine e puidemos desfrutar coas curtas que se proxectaron, mirade que ben o pasamos! Parabéns á organización e moitas grazas por convidarnos un ano máis!!

mércores, 28 de novembro de 2018

PARABÉNS LUZ!!!

Hoxe temos a unha das maiores de cumple. Luz cumple 5 aniños xa, e quixo celebralo compartindo con nós unhas deliciosas rosquillas que fixo coa axuda da súa mamá. Moitas grazas!!


luns, 26 de novembro de 2018

PROTEDUCA 2018

Esta mañá visitáronnos os amig@s de Protección Civil para ensinarnos a actuar ante unha emerxencia. Aprendemos un montón e mirade que ben o pasamos..

venres, 23 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO

Hoxe levamos para casa un collar moi especial para conmemorar o 25 de Novembro.
Entre todos decidimos que as nosas mans van servir para acariciar, agarimar, axudar, abrazar, facer cóxegas...



xoves, 22 de novembro de 2018

CONMEMORAMOS O 25 DE NOVEMBRO


Faltan moi poucos días para o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, no noso cole comezamos hoxe coas celebracións.
Esta tarde @s amigos do obradoiro da mancomunidade viñeron a representarnos un conto, que nos gustou moito, para traballar este tema


 De seguido fomos a clase e pintamos un debuxo sobre o conto



Tamén fixemos un marco precioso coas nosas mans 


O mural completárono os maiores do cole, os nosos amigos de 5º  e  6º. Foi un bo traballo en equipo!


sábado, 17 de novembro de 2018

xoves, 15 de novembro de 2018

BOTES PARA AS CASTAÑAS...

Mañá imos de Magosto!!
Os nen@s de infantil xa rematamos os nosos botes para as castañas, mirade que chulos nos quedaron!


mércores, 14 de novembro de 2018

GRAZAS COMPIS!!

Hoxe os nosos compañeir@s de 1º e 2º de primaria fixeron "boliños preñados"



Como arrecendía polos corredores do cole....
Como bos amigos convidáronnos a probar uns anaquiños, un pequeno pincho antes de marchar para casa.   Que rico!!



GRAZAS AMIGOS!!!

PARABÉNS ARES!!

Hoxe foi un día especial: o pequeno máis pequeno do cole cumpriu tres aniños!!
Quixo festexalo por todo o alto, no comedor postre de cumple para todos: torta de chocolate... Estaba riquíiiisima!!
Moitas grazas Ares e familia!!



martes, 13 de novembro de 2018

PREPARANDO O MAGOSTO...

Por fin parou a choiva  e todo parece indicar que o venres poderemos festexar o Magosto.
Os nen@s de infantil estamos preparando xa os nosos botes para as castañas, cando os teñamos rematados ensinarémosvolos, de momento deixámosvos as fotos das castañas que fixemos para decorar as portas das nosas aulas:





CLASE DE 3 ANOS



CLASE DE 4 E 5 ANOS


xoves, 1 de novembro de 2018

HAPPY HALLOWEEN/FELIZ SAMAÍN

Onte foi un día moi terroríficamente completo: pola mañá a pizza terrorífica e pola tarde escape room.
Unha bruxa xoguetona pechounos dentro do cole e tivemos que superar diferentes probas e sobre todo traballar en equipo para conseguir atopar as chaves. Conseguímolo!! E de recompensa deixounos un montón de chuches no patio...
Pasámolo terroríficamente ben!!!


mércores, 31 de outubro de 2018

PIZZA TERRORÍFICAAA!!

Esta mañá os nen@s de infantil fixemos unha receita moi terrorífica.. e moi ricaaa!! Unha pizza doce de froitas inspiradas nunha catrina, mirade que chula nos quedou
Se queredes ver o ben que o pasamos mirade o video!!

MANUALIDADES/CABAZAS DAS FAMILIAS 2018

No seguinte video podedes ver as manualidades e as cabazas que fixeron @s nen@s de infantil coa axuda das súas familias. Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración un ano máis!!

martes, 30 de outubro de 2018

MANUALIDADES DO SAMAÍN/HALLOWEEN

Esta semana estivemos decorando o cole con aspecto terrorífico...Mirade que medo!!








Os nen@s de infantil pasámolo "de medo" facendo estas manualidades




Mañá algo terroríficoooo nos está agardandoooo
Preparádevos......

A VOLTA AO MUNDO EN 80 LECTORES

No ano 2019 celébrase o V centenario da volta ao mundo de Fernando Magallanes e Juan Sebastián Elcano. Este foi o motivo polo que o tema da biblioteca do noso cole durante este curso leva por título  "A volta ao mundo en 80 lectores", que somos o número de alumnos, profes e persoal do cole.
Hoxe na hora de ler algúns dos máis maiores do cole contáronlles  aos máis peques un pasaxe do conto: "A volta ao mundo en 80 días"


E os peques quedamos intrigados... conseguirá o señor Fog dar a volta ao mundo en 80 días?...

xoves, 25 de outubro de 2018

PREPARANDO O SAMAÍN- HALLOWEEN...

Os peques de Castrelo estamos preparando o Samaín/Halloween, facendo manualidades, decorando o cole...todo moooi terrorífico!! Hoxe asustámosvos con este morcego, pronto vos ensinaremos máis cousas... qué medo!!

mércores, 24 de outubro de 2018

BISCOITO DE OUTONO

Como xa sabedes nas semanas anteriores recolectamos no noso patio froitos de outono: mazás e conchos. Ademáis onte fomos de compras para mercar o resto dos ingredientes. Hoxe fixemos o noso biscoito de outono e mirade que rico nos quedou!!
Se queredes ver todo o proceso e ter a receita, mirade no seguinte vídeo

martes, 23 de outubro de 2018

PLAENETARIO MÓBIL E COMPRA!!

Esta mañá  @s peques de Castrelo fixemos outra saída polo pobo, cómo nos gusta sair de paseo e aprender cousas novas!!
No pavillón temos instalado durante esta semana o planetario móbil de eduCaixa, e imos visitalo por clases, esta mañá tocounos aos nen@s de infantil.
De camiño paramos na tenda do pobo a mercar unhas cousas que nos fan falta para facer un taller de cociña nos vindeiros días



E Cecilia regalounos uns gusanitos, porque somos moi bos clientes. GRAZAS CECILIA!!


 A visita ao planetario gustounos moito. Vimos o conto: "La niña que sabía caminar al revés"
Pasámolo xenial!!


domingo, 21 de outubro de 2018

ESTELA DO VAL!!

Como xa sabedes o venres visitamos a Bodega Franco Basalo, alí vimos como elaboran o seu viño "Estela do Val" e aprendemos cousas moi interesantes. No seguinte vídeo tedes un pequeno resumo en imaxes. Moitas grazas a Jose por permitirnos a visita e a Raquel pola súas explicacións e a súa paciencia. GRAZAS!!

venres, 19 de outubro de 2018

VISITAMOS A BODEGA FRANCO BASALO

Esta mañá @s nen@s de infantil e o primeiro curso de primaria visitamos a bodega Franco Basalo e completamos o noso aprendizaxe sobre o mundo da vendima e o viño. Foi unha mañá moi divertida!!

Pronto faremos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos...

mércores, 17 de outubro de 2018

RECOLLENDO MAZÁS

Mirade como está a mazaira do noso patio


Moitos de nós levamos semanas comendo mazás... e recién collidas da árbore.
Hoxe os nen@s de infantil baixamos ao patio a recoller mazás. Subirnos nunha escaleira era algo perigoso, a profe Betty case nin chegaba ela, polo tanto nada mellor que o colo da profe Mary


 

Despois subimos a clase e colocamos a nosa colleita


Somos moi afortunados, o noso patio é moi productivo en outono. De momento, xa temos as noces da semana pasada e agora as mazás.


Pronto teredes noticias do que faremos con estes dous froitos de outono...

luns, 15 de outubro de 2018

DEGUSTANDO AS RECEITAS DE OUTONO

Hoxe era o último día para traer a receita de outono co froito que nos tocou. Aos nen@s de infantil tocounos unha receita con mazás.
As nosas Sofías ademáis de traer a receita escrita sorprendéronnos co biscoito con mazás elaborado por elas coa axuda das súas familias...


Foi unha merenda diferente e moi típica desta estación.


  Moitas grazas  Sofías!!

mércores, 10 de outubro de 2018

RECOLLENDO CONCHOS!!

Xa chegou o outono, os nenos de infantil, recollemos conchos da nogueira. Agora puxémolos a secar ao sol.
Que podemos facer con eles....Seguro que algo mooi rico!!



xoves, 4 de outubro de 2018

IMOS DE VENDIMA!!!

Estamos en tempo de vendimas. Esta tarde, os máis peques do cole saímos a ver que é eso de vendimar... A primeira parada foi moi cerca: na casa do veciño, que nos ensinou que as uvas saen das parras e hainas brancas e tintas, as parras eran moi altas. Moitas grazas Manolo!! Logo seguimos camiño por detrás do cole e fomos á viña de outro Manolo, alí había mooitas uvas, pero non en parras, senón máis baixas, en cepas... De volta ao cole xuntamos as uvas que cortamos coas que nos mandaron os papás e pisámolas.... Foi unha tarde moi divertida, gustounos moito aprender cousas sobre e vendima!! Mirade que ben o pasamos...

domingo, 30 de setembro de 2018

FLOCOS DE MILLO!!

O primeiro conto de Turi titúlase : "Un dragón na barriga" e aos nen@s de cinco anos gustounos moito, nel o sabio Uxío dalle unhas sementes a Turi e sorpresa!!! Desas sementes saen flocos de millo. Comprobamos que de certo das sementes saen flocos de millo, aínda que nós sempre lle chamamos palomitas e a teacher Bea ensinounos que en inglés lle chaman popcorn!! Aprendemos moito, pasámolo xenial e os flocos de millo encántannos!!

venres, 21 de setembro de 2018

PERIODO DE ADAPTACIÓN SUPERADO CON ÉXITO!!

Hoxe @s nen@s de tres anos remataron o seu periodo de adaptación ao cole e fixérono ademáis con moito éxito!! Mirade cantas cousas fixeron nos seus primeiros días de cole!!

INFANTIL CURSO 2018-2019

Agora  que os de tres anos remataron o periodo de adaptación, xa estamos todos xuntos e hoxe tocou a foto oficial... despois de moitos intentos,risas, algúns despistes... esto foi o que conseguimos..polo menos estamos ordenados por idades..
Estamos tod@s guapisim@s!!

C.E.I.P. PLURILINGÜE DE CASTRELO DO VAL
EDUCACIÓN INFANTIL
CURSO 2018-2019

xoves, 20 de setembro de 2018

OS NOSOS NEN@S DE 3 ANOS!!

Hoxe presentámosvos aos máis peques do cole. Mirade que contentos chegaron o primeiro día.
Están xa rematando o seu período de adaptación con moito éxito, nos vindeiros días mostrarémosvos que ben o pasan!!