venres, 29 de marzo de 2019

PARABÉNS MARCOS!!

Hoxe Marcos está de cumple e quixo festexalo con nós convidándonos a merendar.
Moitísimas grazas familia pola merenda!

xoves, 28 de marzo de 2019

HOXE FOMOS DE TEATRING!!

Esta mañá @s nen@s de infantil, primeiro e segundo de primaria desprazámonos ata o Auditorio de Verín para asistir á obra de teatro "Merlín, el encantador", foi unha mañá diferente e moi divertida.

martes, 26 de marzo de 2019

TARDE DE COSTURA...

Hoxe estivemos cosendo foi unha experiencia moi divertida... xa vos ensinaremos que sae  daquí...






PAU DE CHUVIA

Seguimos traballando no noso proxecto sobre os indios, esta fin de semna investigamos coa axuda das nosas familias que era un pau de chuvia, para que se usaba e de que estaba feito...
Hoxe Aarón trouxonos ao cole un pau de chuvia precioso. Moitísimas grazas pola vosa colaboración familia!


mércores, 20 de marzo de 2019

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

Estamos na semana da árbore e da auga. Esta noite comeza a primavera e mañá é o día da árbore. Esta tarde @s nen@s de Castrelo plantamos dúas árbores no noso patio. Mirade que tarde tan primaveral e divertida!!

martes, 19 de marzo de 2019

FELIZ DÍA A TODOS OS PAPÁS!!

Moitísimas felicidades a todos os papás, avós que fan de papás, ou a aqueles, que sen ser papás biolóxicos se comportan como un PAPÁ cos nosos nenos.
A esta hora seguro que todos abristes o voso agasallo, por eso hoxe xa podemos por a foto.
Este ano @s pequen@s de Castrelo decoramos un parasol para o coche, fixemos estes dous modelos dependendo do nivel:



Estamos seguras de que vos encantaron porque aínda que non están perfectos, estan feitos con todo o cariño e a ilusión do mundo. FELIZ DÍA A TODOS!!

luns, 18 de marzo de 2019

QUE SERAAAÁ E QUEN AGUANTARÁ ATA MAÑÁ?


Así de contentos marcharon hoxe @s pequen@s de Castrelo co seu regaliño para papá, o abuelo ou esa figura masculina á que tanto lle queren... de momento non podemos ensinar a foto do que vai dentro do paquete pero estade atentos porque mañá ensinarémola, o que sí podemos decirvos é que está feito con todo o amor do mundo!!
deberían aguantar ata mañá para entregar o regaliño ao seu destinatario... xa nos contaredes se foron capaces!!


PARABÉNS ALBA!!

Hoxe estivemos de celebración, unha das nosas peques cumpriu un aniño máis e convidounos a merendar. Moitas grazas a Alba e a súa familia pola tarta. Parabéns Alba!!


SUPER TIPI!!!

Esta mañá Irea sorprendeunos cun impresionante tipi que fixo para a clase coa axuda dos seus papás.
Moitísimas grazas a toda a familia pola vosa colaboración!!


mércores, 13 de marzo de 2019

PORTA DA TRIBU!




Como estes días temos andado moi ocupados, aínda nos vos ensinamos a porta da clase, decorada dun xeito moi indio...Aquí tedes a entrada á tribu dos Lobos Amistosos.



martes, 12 de marzo de 2019

TRIBU DOS LOBOS AMISTOSOS

Seguimos traballando no noso proxecto sobre os indios. Igual que os indios, nós tamén convivimos nunha tribu, a tribu dos Lobos Amistosos e cada un de nós ten o seu propio nome indio. Hoxe queremos presentarnos, aquí tedes a tod@s os membros da tribu dos Lobos Amistosos.

luns, 11 de marzo de 2019

TRAE @S TEUS FILL@S A CASTRELO

Mañá ás 11 teremos unha xornada de portas abertas para os alumnos que se escolarizan no vindeiro curso.
Ven a coñecernos e pasar unha mañá moi divertida!!
Aposta por un ensino público de calidade!!

venres, 8 de marzo de 2019

8 DE MARZO

Hoxe celebramos o día da muller dun xeito moi especial.
ás 12:00 había programadas concentracións en moitos lugares e o noso cole non ía ser menos. Xusto despois do recreo xuntámonos no patio.
@s maiores leron un manifesto que el@s mesmos prepararon , coa axuda dos seus profes, nos tres idiomas: galego, castelán e inglés


Despois cada nen@ de infantil e un de  cada clase de primaria soltaron uns globos de helio





Ademáis @s peques traballamos este día na clase con diferentes contos e fixemoslle un agasallo á muller máis importante: mamá


venres, 1 de marzo de 2019

DESFILE ENTROIDO 2019

Despois de semanas de moito traballo, hoxe por fin chegou o gran día, os pequenos de Castrelo fomos a desfilar polas rúas de Verín dun xeito moi indio, pasamolo xenial e estabamos moooii gup@sss!!