xoves, 25 de febreiro de 2021

FACEMOS CARROT CAKE!!

 Hoxe @s pequen@s de Castrelo fixemos Carrot Cake!! 


No conto da unidade, a  familia de Curtis celebraba o cumple de mamá coa súa torta preferida: a torta de cenoria!! Como nós nunca probaramos a torta de cenoria fixemos unha!! 
Aprendemos moito, divertímonos e foi un día xenial!! Mirade o seguinte vídeo.





mércores, 24 de febreiro de 2021

CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!!

Hoxe conmemoramos o día de Rosalía, pintamos a Rosalía dun xeito moi especial e escoitando os seus poemas con música, mirade que concentrados e que ben traballamos!!


Xa levamos varios días aprendendo algunhas cousas sobre esta poetisa tan importante, como este ano non podemos xuntarnos, traballamos nas diferentes aulas, pero logo grazas ás novas tecnoloxías, podemos vernos tod@s!! Deixámosvos o vídeo coas preguntas e repostas sobre Rosalía

martes, 23 de febreiro de 2021

PARABÉNS CIBRÁN!!


Hoxe Cibrán cumpriu 4 anos!! E quixo festexalo convidándonos a merendar, pasámolo xenial! Moitas grazas por compartir este día con nós!!







xoves, 18 de febreiro de 2021

POR FIN FESTEXAMOS O CUMPLE DE IZAN E MARCO!!

Hoxe foi un día moi especial para @s pequenos da aula de 3 anos, despois de moito tempo esperando, por fin chegou o día de festexar o cumple de Izan e Marco. Cumpriron 4 aniños xa fai uns días pero non puidemos festexalo ata hoxe.... mereceu a pena a espera!

Invitáronnos a unha merenda moi rica!!

E regaláronnos  unhas capas e antifaces da Patrulla Canina coas que o pasamos xenial!!

Moitísimas grazas á súa familia por compartir con nós esta celebración!




sábado, 13 de febreiro de 2021

CELEBRANDO O ENTROIDO E SAN VALENTÍN

 

Este ano non íamos deixar aos pequen@s sen entroido... aínda que dunha forma moi diferente e respectando todas as medidas de seguridade, tiveron o seu desfile e o seu disfrace. aproveitando para celebrar San Valentín disfrazámonos de corazón e repasamos as iniciais dos nosos nomes. Foi un día con moito amor e moita diversón.
Tivemos merenda acorde coa celebración

Falamos sobre o amor e preparamos un regalo para as persoas que máis queremos.

                    E ademáis levamos de premio, as máscaras do entroido que nos deu o Concello de Verín


Podedes ver como disfrutamos do día no seguinte vídeo:



KIZOA-Movie-Maker-sl7858qt from ceipcastrelodoval on Vimeo.

xoves, 11 de febreiro de 2021

O CIGARRÓN!!


Hoxe estivemos aprendendo moitas cousas sobre o cigarrón: os nomes de cada unha das partes, contamos as chocas e vimos como poden soar, ao principio dábanos un pouco de medo o ruido e tamén a careta pero logo disfrutamos moito e pasámolo xenial!!










SEMANA DE ENTROIDO: XOVES, TODO XUNTO!!

E seguimos.... hoxe acumulamos o de toda a semana  e así de entroideir@s viñemos ao cole!!



RECORDANDO DESFILE INFANTIL!!

 Hoxe sería un dos días máis axitados , gratificantes e divertidos do curso, hoxe sería o día do desfile infantil de entroido. No cole de Castrelo somos moi entroideir@s e sempre participamos no desfile polas rúas de Verín. Hoxe queremos recordar o ben que o pasamos e o guap@s que lucimos nos últimos anos. Estamos contando xa os días e dándolle voltas ao disfraz do vindeiro entroido, de momento mirade canto traballo, canta ilusión e canta ledicia... VIVA O NOSO ENTROIDO!!



luns, 8 de febreiro de 2021

SEMANA DE ENTROIDO: LUNS CON BATA DE CASA!!

 @s pequen@s de Castrelo temos moitas ganas de entroido!!  Por eso hoxe e cumprindo as mandas de Amanda, tod@s puxemos a bata de casa, mirade que guap@s estamos!




venres, 5 de febreiro de 2021

GORROS DE INVERNO!!

 @s pequen@s de Castrelo, levamos unhas semanas traballando o inverno, unha das actividades que fixemos a semana pasada foi decorar gorros de inverno coas nosas familias. Mirade que bonitos nos quedaron!!



mércores, 3 de febreiro de 2021

PARABÉNS HUGO!!


Hoxe Hugo, o maior dos máis pequenos, cumpre 4 aniños e aínda que non podemos festexalo xuntos desexámosche que pases un día xenial na compañía de toda a túa familia. PARABÉNS HUGO!!


martes, 2 de febreiro de 2021

PORTA DE INVERNO!!

 Mirade que bonita nos quedou a porta da clase de 3 anos cos bonecos de neve que fixemos!!



 
EQUIPO AMARELO


EQUIPO AZUL


EQUIPO VERMELLO


EQUIPO VERDE

luns, 1 de febreiro de 2021

FACEMOS NEVE!!

@s pequen@s de Castrelo seguimos traballando o inverno, agora desde casa coa axuda das familias.

Aquí tedes a neve artificial que fixeron, con diferentes técnicas!!