Amosando publicacións coa etiqueta manualidades familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta manualidades familias. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de decembro de 2023

POSTAIS DE NADAL EDUCACIÓN INFANTIL 2023

 Un ano máis por estas datas, as familias de infantil, colaboraron en pleno, nunha das actividades propostas dende o centro: a elaboración dunha postal cun fin solidario. Coma nos últimos anos, as nosas postais van dirixidas á AECC, para darlle moito ánimo e os nosos mellores desexos aos enfermos nestas datas. Moitísimas grazas a todas as familias pola colaboración, o traballo sempre merece a pena!!



martes, 31 de outubro de 2023

MANUALIDADES FAMILIAS CLASE 3 E 4 ANOS

 

Estas son as manualidades que fixeron os nenos da clase de 3 e 4 anos para decorar o cole polo Samaín-Halloween. Traballaron moito e quedaron terroríficas!! Moitísimas grazas a todos pola vosa implicación!



venres, 5 de febreiro de 2021

GORROS DE INVERNO!!

 @s pequen@s de Castrelo, levamos unhas semanas traballando o inverno, unha das actividades que fixemos a semana pasada foi decorar gorros de inverno coas nosas familias. Mirade que bonitos nos quedaron!!



mércores, 2 de decembro de 2020

DECORAMOS O NADAL!!

 Chegou o mes de decembro e na clase de 3 anos xa cheira a Nadal!! 

A fin de semana pasada @s pequen@s fixeron unha manualidade navideña en familia para decorar a aula, cun simple prato vermello, a súa imaxinación e  traballo fixeron marabillas!! MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!

Mirade que bonitos e navideños quedaron!



DECORAMOS O NADAL - Kizoa Movie Maker

xoves, 29 de outubro de 2020

PANTASMAS 3 ANOS!!


Mañá celebramos Halloween/Samaín no cole, aínda que dunha forma moi diferente a outros anos, non podíamos deixar pasar unha das festas que máis lles gusta aos nos@s pequen@s. Comezamos xa a semana pasada coa colaboración das familias, hoxe vos deixamos o traballo d@s peques na casa, decorando as súas pantasmas. Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!


mércores, 20 de decembro de 2017

BO NADAL!!

Os nen@s de infantil desexámosvos felices festas coas postais que fixemos coa axuda das nosas familias

C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely by Slidely Slideshow

Moitas grazas unha vez máis a todas as familias de infantil por participar no intercambio de postais que organiza o centro. BO NADAL!!

martes, 31 de outubro de 2017

MANUALIDADES FAMILIAS SAMAÍN

No seguinte video podedes ver as manualidades e cabazas que fixeron on nen@s de infantil coas súas familias.
Para velo debedes premer na etiqueta samaín  definitivo que aparece debaixo do vídeo.
Moitas grazas a tódalas familias pola súa colaboración.




domingo, 11 de decembro de 2016

POSTAIS DE NADAL 5 ANOS

Xa chegou o nadal e no cole estamos facendo moitas cousiñas para celebralo, de momento deixámosvos as postais de nadal da clase de 5 anos, que elaborastes en familia, unha vez máis moitas grazas pola vosa colaboración, o resultado, como podedes ver foi excelente. Nos próximos días seguirémosvos ensinando máis cousiñas navideñas..

POSTAIS NADAL 5 ANOS 2016 by Slidely Slideshow