mércores, 30 de maio de 2018

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS...

Durante este curso traballamos as emocións de xeitos moi diferentes: cos materiais do noso proxecto e a nosa mascota, co monstruo de cores e outros contos, participando no proxecto de educación emocional "Viaxe ao reino das emocións" da Fundación Meniños... e facendo cada trimestre un libro viaxeiro das tres emocións que consideramos máis básicas. Nesta tarefa implicamos ás familias para facer estes tres libriños que podedes ver de seguido: 1º TRIMESTRE: "LIBRO VIAXEIRO DA ALEGRÍA"
2º TRIMESTRE: "LIBRO VIAXEIRO DA TRISTEZA"
3º TRIMESTRE: "A NOSA CAIXA COMEMEDOS"

luns, 28 de maio de 2018

A NOSA CAIXA COMEMEDOS!!

Levamos todo o curso traballando as emocións e agora que nos tocou o medo, en lugar do libro viaxeiro coma nas anteriores emocións, fixemos "A caixa comemedos".
Esta fin de semana debuxaron e coa axuda dos papás e mamás escribiron algo que lles facía sentir medo. Hoxe contáronllo aos seus amigos e logo metemos todos os medos na caixa comemedos...Mirade!!

xoves, 24 de maio de 2018

mércores, 23 de maio de 2018

NO XORNAL!!!

Hoxe saímos no suplemento Xornal Escolar de "La Región" co motivo do noso proxecto sobre as abellas.
Mirade que guapos quedamos!
                    

martes, 22 de maio de 2018

BOA VIAXE!!

Esta mañá @s alumn@s de 5º e 6º de primaria iniciaron a súa excursión a Asturias e Cantabria. Pasadeo ben compis!!


luns, 21 de maio de 2018

MERENDAS SOLIDARIAS!!

Mañá os nen@s de 5º e 6º de primaria vanse de excursión catro días por Asturias e Cantabria. Para recaudar diñeiro para esta viaxe as familias levan varios venres facendo merendas, que @s nen@s venden a 1€. Grazas a esta iniciativa e á colaboración de tod@s @s que mercamos as merendas solidarias cada venres, dispoñen dun diñeiro extra para os seus gastos. Dende aquí queren darvos as grazas a todas as familias por colaborar, así coma a xente do concello, farmacia, alpixendra... e tod@s os que dunha ou otra maneira colaborastes con eles, GRAZAS!!!

domingo, 20 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS

Hoxe remata unha semana moi especial, na que traballamos e aprendemos moitas cousas sobre María Victoria Moreno, a homenaxeada este ano no día das letras galegas. O venres pola tarde foi o día que eleximos para festexar tod@s xuntos, despois de aprender durante a semana detalles sobre a vida e obra da autora nas distintas aulas e según os niveis. Mirade que ben o pasamos na xincana sobre María Victoria Moreno e como no noso cole participamos dende os máis pequenos ata os máis maiores na mesma actividade e desfrutamos xuntos un montón!!

mércores, 16 de maio de 2018

PARABÉNS RUBÉN!!!

Hoxe Rubén cumpriu 4 aniños e convidounos a merendar

Entre tod@s fixémoslle uns debuxos para agasallalo


PARABÉNS RUBÉN!!

martes, 15 de maio de 2018

COMO MEDRARON AS FABAS!!

Hoxe os nen@s de tres anos levamos as fabas que xerminamos na clase para transplantar na casa. Mirade como medraron...




UNHA VISITA MOI ESPECIAL...

Esta mañá os nen@s de infantil recibimos unha visita moi especial, David de "Abella Obreira"
Ensinounos un montón de cousiñas sobre as abellas, puidemos manipular todo o material que nos trouxo e por fin vimos unha colmea de verdade!! Moitísimas grazas David e Ángeles pola vosa paciencia e colaboración.

venres, 11 de maio de 2018

PALOMITAS DE PRIMAVERA!!

Esta tarde decoramos unha árbore de primavera dun xeito moi especial... mirade a ver se vos gusta.. Nós pasámolo xenial!!

xoves, 10 de maio de 2018

A ESTRENAR PETOS...

Grazas ao papá de Ainara, hoxe en psicomotricidade estreamos petos!!! estamos supercontentos! Moitísimas Grazas David!!



domingo, 6 de maio de 2018

FELIZ DÍA MAMIS!!!

Moitísimas felicidades a todas as mamás... agardamos que vos gustaran os vosos regaliños, están feitos con todo o amor do mundo... e hoxe xa podemos ensinalos!!

POSTAL DE 3 ANOS


POSTAL DE 4 E 5 ANOS


PORTAGAFAS DE 3 ANOS


PORTAGAFAS DE 4 E 5 ANOS


NECESER (para as mamás de 3 anos que tamén son mamás de 4 ou 5 anos, para que non teñan dous regalos iguais)


venres, 4 de maio de 2018

QUÉ SERÁ...?

O domingo é o día da nai, e os nen@s de infantil marchamos así de contentos cos regaliños para as nosas mamis....qué será o que vai dentro das bolsas??



mércores, 2 de maio de 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

No CEIP Castrelo do Val "buscamos valentes que apoien e defendan ao débil".

Hoxe, 2 de maio, é o Día Internacional contra o Bullying e o Acoso Escolar. No cole gravamos o videoclip da canción que fixemos no Día da Paz: a versión en galego de "Se Buscan Valientes".

Aquí deixamos o cartel...




Mirade que chulo nos quedou o vídeo!!