venres, 20 de decembro de 2019

REGALOS DE PAPÁ NOEL E CHOCOLATADA!!

Esta mañá ao chegar ao cole levamos unha sorpresa...

Papá Noel enviounos un saco cargado de regalos para todos os nenos do cole!!

Puxémonos mooi contentos!



Despois, para rematar ben o trimestre e o ano tomamos un rico chocolate con churros














xoves, 19 de decembro de 2019

GALLETAS DE NADAL!!

Hoxe foi un día moi inteeeensooo... Pola mañá actuamos no auditorio... e como as profes estaban tan atareadas non tiveron tempo nin de sacarnos unha foto, pero xa sabemos que nos fostes ver e agardamos que vos gustara a nosa actuación. Pola tarde, despois da comida navideña, aproveitamos para facer un taller de galletas de nadal todos xuntos no comedor... Pasámolo xenial e merendamos unhas ricas galletas!!

mércores, 11 de decembro de 2019

POSTAIS NADAL 4 E 5 ANOS

Onte xa vos ensinamos as postais da clase de 3 anos, hoxe presentámosvos as de 4 e 5 anos. Mirade que bonitas lles queadron!!

martes, 10 de decembro de 2019

POSTAIS DE NADAL DA CLASE DE 3 ANOS

Deixámosvos un vídeo coas postais feitas polas familias de 3 anos. Este ano as postais de Nadal feitas polas familias de todo o cole entregarémolas nunha residencia de maiores, seguro que lles encantan!! Mirade que bonitas son! Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación!!

luns, 9 de decembro de 2019

ÁRBORE DE NADAL DE 3 ANOS!!

@s nen@s de tres anos decoramos unha abeto de nadal coa axuda das nosas familias, no cole xuntámolos todos e fixemos esta preciosa árbore de nadal. Quedounos preciosa! Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración unha vez máis!

PARABÉNS IREA!!

Hoxe Irea cumpriu 5 anos e para celebralo convidounos a unhas riquísimas rosquillas que fixo coa súa avoa!!PARABÉNS IREA!!



martes, 3 de decembro de 2019

3 DE DECEMBRO:DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



Hoxe conmemóramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No noso cole un motivo de festa!
Como xa sabedes vimos a curta " Cuerdas", que nos encantou, agardamos que a vós tamén vos gustara.
Despois pintamos un paraugas


Cos  paraugas de tod@s fixemos un mural , así chulo!


Porque no cole de Castrelo estamos tod@s baixo o mesmo paraugas!!




ALGO MOI ESPECIAL!!

No CEIP Plurilingüe de Castrlo do Val estamos visionando unha curta moi especial e queremos compartila con vós... a ver que vos parece...


Mirádea con calma... e máis tarde seguimosvos contando... 
Porque supoñemos que sabedes  qué día conmemoramos hoxe, verdade??

VISITAMOS O FESTIVAL DE CURTAS VÍA XIV

Esta mañá @s nen@s  do CEIP Plurilingüe de Castrelo do Val visitamos o festival de curtas Vía XIV no Auditorio municipal de Verín. Foi unha mañá de cine!!







luns, 25 de novembro de 2019

25-N:¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!



Hoxe @s nos@s pequen@s chegaron a casa coas uñas pintadas de cores!!... porque no cole conmemoramos o 25 de Novembro traballando o conto "¡Vivan las uñas de colores!".



Deixámosvos un vídeo do conto. Agardamos que vos guste porque a nós encantounos!!


Sabedes por qué tod@s nos pintamos as uñas?...
Pois porque a tod@s nos gusta!!
Pasámolo xenial!!




Despois pintamos unha man para o mural conxunto de todo o cole



Mirade que bonito nos quedou

E pintamos as uñas, picamos e recortamos unha man  para levar para casa


VIVAN AS UÑAS DE CORES!!!










PARABÉNS MATEO!!

Hoxe Mateo cumpriu 3 aniños e quixo celebralo convidándonos a merendar unha tarta riquisíma.
PARABÉNS MATEO!! Moitas grazas aos papás pola merenda.


mércores, 20 de novembro de 2019

PARABÉNS BRAIS!!

Hoxe o noso Brais cumpriunos tres aniños, está feito un mozatón!
quixo celebralo convidándonos  a merendar unha rica tarta de chocolate. Moitas grazas papis!!

venres, 15 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Hoxe por fin festexamos o magosto!! Este ano o tempo non quixo acompañarnos e non puidemos salir do cole como acostumamos. O deste ano foi un magosto diferente... aínda así pasámolo moi ben. Comemos pizza, boliños preñados, bica e castañas... moitas castañas!Pintamos a cara cos tizóns e fixemos xogos dentro do cole, todos coa castaña coma protagonista. Mirade que ben o pasamos! Un ano máis e xa son moitos, temos que agradecerlle a Carmen que nos viñera asar as castañas.Que faríamos sen tí Carmen! Moitas grazas!

xoves, 14 de novembro de 2019

PARABÉNS ARES!!

Hoxe o noso neno de 4 anos, por fin cumpliu os 4!! E convidounos a tomar unha tarta deliciosa de postre no comedor. Parabéns Ares!! Moitas grazas a súa familia pola tarta, estaba riquísima!!

mércores, 13 de novembro de 2019

UN COLE COLORIDO!!

Despois de pintar de cores os azulexos, agora imos decorar algunhas paredes... Esta semana tocoulle á primeira. Gústavos? A nós parécenos que quedou preciosa!





BOLSOS PARA AS CASTAÑAS!!

@s pequen@s de Castrelo xa temos preparados os nosos bolsos para encher de castañas no día do magosto!! Mentres tanto sírvennos para decorar as portas das nosas aulas:

3ANOS

4 E 5 ANOS

martes, 12 de novembro de 2019

CASTAÑAS!!

Levamos uns días esperando a ver se o tempo nos deixa celebrar o magosto e mentres tanto aprendemos de onde veñen as castañas. Hoxe os máis pequenos aprendemos qué é un castiñeiro e un ourizo e... como nos gusta tocar en todo, tamén aprendemos como pican!!



Temos que agradecer de novo ao papá de Elba por traernos os ourizos, as castañas e o castiñeiro.

xoves, 31 de outubro de 2019

XINCANA SAMAIN/HALLOWEEN 2019

Onte pola tarde no cole de Castrelo celebramos o Halloween/Samaín como máis nos gusta: tod@s xunt@s. Fixemos unha xincana con diferentes xogos por equipos, onde os máis maiores coidaron e axudaron aos nosos pequenos e no que o máis importante foi o ben que o pasamos e... que descubrimos onde estaban escondidas as chuches!! Deixámosvos un resumo da nosa tarde de Samaín/Halloween!!