Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
martes, 31 de maio de 2016
domingo, 29 de maio de 2016
EXCURSIÓN AO ZOO DE OPORTO
Este venres pasado, 27 de Maio, os nenos/as de Castrelo do Val visitamos o país veciño para ir a un lugar moi especial, o zoo Santo Inácio en Vilanova de Gaia, Oporto
sábado, 28 de maio de 2016
CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS!
LETRAS GALEGAS 2016 by Slidely Slideshow
Este ano conmemoramos a Semana das Letras Galegas con diferentes actividades, por aulas traballáronse actividades sobre a vida de Manuel María, por cursos aprenderon cancións e poesías do autor e logo entre todos fixemos un mural para poñer no cole con imaxes dos seus libros. E o día 18 pola tarde reunímonos todos no patio para recitar as poesías (os de infantil), e cantar as cancións (primaria). Despois fixemos un xogo de pistas no que por equipos tiñan que buscar unha medalla da súa cor que os levaría a unhas preguntas que debían responder ben. Tiñan toda a información nos diferentes carteis repartidos polo patio. Contestaron as preguntas correctamente e levaron un pequeno premio e as pezas dun puzzle coas que formarían o retrato de Manuel María. A actividade foi un éxito grazas a colaboración que houbo entre os membros dos grupos nos que se misturaban nenos/as dende Infantil ata 6º de Primaria!
Na seguinte ligazón podes descubrir moito máis sobre a vida e obra de Manuel María e actividades interactivas moi divertidas para os diferentes niveis
TEATRO A OURENSE
O venres 20 de maio,os nenos de infantil e do primeiro ciclo de primaria, fomos de excursión a Ourense para ver o teatro musical "15 PRIMAVERAS" de MAMÁ CABRA.
O espectáculo tivo lugar no Auditorio e despois fomos comer ó Xardín do Posío, comemos nós e démoslle de comer ós parrulos do estanque...
Foi un día moi divertido e aínda que para as catro xa estabamos de volta no cole, algunha das nosas pequenas princesas xa chegou durmindo.
TEATRO A OURENSE by Slidely Slideshow
mércores, 25 de maio de 2016
AS NOSAS EIRUGUIÑAS
Dende o comezo da primavera estamos vivindo moitas experiencias e unha delas e coidar das nosas eiruguiñas e ver como se converten en bolboretas
eirugas by Slidely Slideshow
Coa axuda das nosas familias ilustramos o conto da eiruga larpeira e os nenos máis maiores escribimos o texto. En cada clase temos un conto e aquí misturamos os dous para que vexades que chuli nos quedou
eirugas by Slidely Slideshow
Coa axuda das nosas familias ilustramos o conto da eiruga larpeira e os nenos máis maiores escribimos o texto. En cada clase temos un conto e aquí misturamos os dous para que vexades que chuli nos quedou
mércores, 18 de maio de 2016
VISITAMOS ECOAGRO
Seguro que xa averiguastes onde era a publicación de fai uns días...
Por se algún aínda anda despistado deixamosvos a reportaxe completa
VISITAMOS ECOAGRO by Slidely Slideshow
xoves, 12 de maio de 2016
luns, 9 de maio de 2016
GRAZAS CARMEN
Este venres vivimos un momento moi emotivo e especial.
Despois de máis de trinta anos detrás dos fogóns da cociña do noso cole, á nosa cociñeira Carmen chegoulle o momento de descansar.
A nós danos moita pena porque nos coidaba moito coas suas comidiñas, pero ten ben merecido o seu descanso.
Para celebrar a súa xubilación fixémoslle un cadro decorado con todos os nosos dediños
Antes de entrar a saborear o seu último menú, cada un de nós foi deixando a súa pegada.
E así de bonito nos quedou
Ademáis, como ela tamén deixou pegada en varias xeracións de profes e nenos, colgamos unha foto súa na cociña
Nin no seu último día de traballo se esqueceu de mimarnos e tróuxonos unhas lambonadas
MOITAS GRAZAS CARMEN E MOITA SORTE NESTA NOVA ETAPA
venres, 6 de maio de 2016
domingo, 1 de maio de 2016
FELIZ DÍA MAMÁS!!
Así de contentos saímos o venres do cole co regaliño para as mamás
Agardamos que vos gustara mamás.
FELIZ DÍA PARA TODAS!!
Agardamos que vos gustara mamás.
FELIZ DÍA PARA TODAS!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)