Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
sábado, 23 de abril de 2016
FELIZ DÍA DO LIBRO!!
Hoxe é o día do libro. Nós celebrámolo onte no cole dunha forma moi especial, os nosos amigos Julio, Iria e Gerard, viñeron á nosa clase para contarnos un conto moi fermoso, algúns xa o coñecíamos e para outros foi un gran descubrimento: O MONSTRUO DE CORES.
O monstruo de cores estaba feito un lío, con todas as súas emoción revoltas...
O monstruo de cores estaba feito un lío, con todas as súas emoción revoltas...
Fómoslle axudando a por en orde cada unha das súas emocións, separandoas por cores e metendo cada unha nun bote diferente
Despois fixemos un debuxo do conto
Cada un de nós elexiu unha emoción e contou unha situación que lle produce esa emoción, coa axuda da profe escribímolas e despois, igual que fixo o monstruo de cores, tamén as ordenamos e metémolas no bote correspondente
Sabedes? "ASÍ TODAS ORDENADAS FUNCIONAN MELLOR"
Foi un día moi especial tamén para a nosa profe, que se emocionou moito ao ver como Iria, Gerard e Julio, que fai algún tempo estiveron en infantil nesa mesma clase, volvían coma os nenos máis maiores do cole a contarnos un conto aos máis peques
MOITAS GRAZAS CHICOS. A VOSA PROFE DE INFANTIL SÉNTESE MOI ORGULLOSA DE VÓS
xoves, 21 de abril de 2016
CULTIVAMOS CHAMPIÑÓNS...
Dentro das moitas experiencias que estamos vivindo durante a primavera, hoxe comezamos unha nova aventura...O CULTIVO DE CHAMPIÑÓNS!!
As profes mercaron un kit de cultivo para cada clase e hoxe comezamos cos primeiros pasos:
Abrimos o kit de cultivo e preparamos todo o necesario para comezar...
As profes mercaron un kit de cultivo para cada clase e hoxe comezamos cos primeiros pasos:
Abrimos o kit de cultivo e preparamos todo o necesario para comezar...
Abrimos a bolsa de sustrato
Pasamos todo o contido da bolsa dentro dun cubo
Medimos 250 ml. de auga e engadímolos
Misturamos ben...
Tamén nos ensuciamos un pouquiño...
Finalmente, tapamos con film e deixaremos repousar 24 horas
TEREDES MÁIS NOVIDADES DOS NOSOS CHAMPIÑÓNS MOI PRONTO!!
mércores, 20 de abril de 2016
A eiruga larpeira
Conto A eiruga larpeira |
A eiruga comeu moitísimo: un anaco de torta, un xeado, pizza, unha piruleta,... |
aquela noite estivo moi maliña da súa barriguiña! |
logo para sentirse mellor comeu unha folliña de moreira... |
e meteuse a descansar na súa casiña de fíos de seda |
pasaron uns días e saiu dela unha fermosa bolboreta |
xoves, 14 de abril de 2016
XERMINAMOS LENTELLAS
Da farmacia trouxemos algodón e como aínda que non o pareza estamos na primavera, aproveitamos para xerminar lentellas...Nas próximas semanas ensinarémosvos como van medrando
martes, 12 de abril de 2016
As nosas mascotas
Os nenos e nenas de infantil queremos presentarvos as mascotas das nosas clases. LÚA é a mascota de 3 anos, OTO a de 4 anos e BIMBA a de 5 anos.
Coa súa axuda e lendo os seus contos aprendemos un montón de cousas! Ademais visitan as nosas casas os fins de semana.
VISITA Á FARMACIA DE CASTRELO DO VAL
O pasado xoves 7 de abril fixemos unha pequena saída á farmacia de Castrelo do Val. Facían falta cousas para o botiquín do colexio e ofrecémonos voluntarios nós para ir a buscalas xa que queda moi preto.
Para non esquecer nada levamos unha listaxe: tiritas, algodón, termómetro, cristalmina,...
E xunto coas nosas profes e coidadores fumos a mercar!
Pedímoslle o que nos facía falta á farmacéutica, foinolo dando e metendo en bolsiñas pero pasounos algo inesperado... como algunhas cousas non as había e a señora nolas pedía para o día seguinte... dixeron as profes: pois voltamos mañá a por elas! QUE SORTE! mañá outra mini excursión á farmacia!
Ademais tamén aproveitamos para ver os cambios que se producen nas árbores e plantas, xa que estamos en PRIMAVERA!
Temos moitas fotos para ensinarvos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)