sábado, 23 de abril de 2016

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Hoxe é o día do libro. Nós celebrámolo onte no cole dunha forma moi especial, os nosos amigos Julio, Iria e Gerard, viñeron á nosa clase para contarnos un conto moi fermoso, algúns xa o coñecíamos e para outros foi un gran descubrimento: O MONSTRUO DE CORES.
O monstruo de cores estaba feito un lío, con todas as súas emoción revoltas...
Fómoslle axudando a por en orde cada unha das súas emocións, separandoas por cores e metendo cada unha nun bote diferente
Despois fixemos un debuxo do conto
Cada un de nós elexiu unha emoción e contou unha situación que lle produce esa emoción, coa axuda da profe escribímolas e despois, igual que fixo o monstruo de cores, tamén as ordenamos e metémolas no bote correspondente

Sabedes?  "ASÍ TODAS ORDENADAS FUNCIONAN MELLOR"

Foi  un día moi especial tamén para a nosa profe, que se emocionou moito ao ver como Iria, Gerard e Julio, que fai algún tempo estiveron en infantil nesa mesma clase, volvían coma os nenos máis maiores do cole a contarnos un conto aos máis peques
MOITAS GRAZAS CHICOS. A VOSA PROFE DE INFANTIL SÉNTESE MOI ORGULLOSA DE VÓS

Ningún comentario:

Publicar un comentario