martes, 12 de abril de 2016

VISITA Á FARMACIA DE CASTRELO DO VAL

O pasado xoves 7 de abril fixemos unha pequena saída á farmacia de Castrelo do Val. Facían falta cousas para o botiquín do colexio e ofrecémonos voluntarios nós para ir a buscalas xa que queda moi preto. Para non esquecer nada levamos unha listaxe: tiritas, algodón, termómetro, cristalmina,... E xunto coas nosas profes e coidadores fumos a mercar! Pedímoslle o que nos facía falta á farmacéutica, foinolo dando e metendo en bolsiñas pero pasounos algo inesperado... como algunhas cousas non as había e a señora nolas pedía para o día seguinte... dixeron as profes: pois voltamos mañá a por elas! QUE SORTE! mañá outra mini excursión á farmacia! Ademais tamén aproveitamos para ver os cambios que se producen nas árbores e plantas, xa que estamos en PRIMAVERA! Temos moitas fotos para ensinarvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario