Os nenos da clase de 3 e 4 anos rematamos esta semana as unidades relacionadas coa saúde, por iso decidimos pechar estes temas cunha visita á farmacia para repor o material do botiquín do cole, fixemos unha pequena parada tamén no centro de saúde, xa que moitos non sabiamos que en Castrelo tamén hai centro de saúde. Moitísimas grazas Amalia, Chelo e Vera por facilitarnos esta experiencia, pola paciencia, as explicacións e... os regaliños!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
Amosando publicacións coa etiqueta farmacia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta farmacia b>. Amosar todas as publicacións
venres, 23 de febreiro de 2024
martes, 12 de abril de 2016
VISITA Á FARMACIA DE CASTRELO DO VAL
O pasado xoves 7 de abril fixemos unha pequena saída á farmacia de Castrelo do Val. Facían falta cousas para o botiquín do colexio e ofrecémonos voluntarios nós para ir a buscalas xa que queda moi preto.
Para non esquecer nada levamos unha listaxe: tiritas, algodón, termómetro, cristalmina,...
E xunto coas nosas profes e coidadores fumos a mercar!
Pedímoslle o que nos facía falta á farmacéutica, foinolo dando e metendo en bolsiñas pero pasounos algo inesperado... como algunhas cousas non as había e a señora nolas pedía para o día seguinte... dixeron as profes: pois voltamos mañá a por elas! QUE SORTE! mañá outra mini excursión á farmacia!
Ademais tamén aproveitamos para ver os cambios que se producen nas árbores e plantas, xa que estamos en PRIMAVERA!
Temos moitas fotos para ensinarvos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





