martes, 31 de outubro de 2017

MANUALIDADES FAMILIAS SAMAÍN

No seguinte video podedes ver as manualidades e cabazas que fixeron on nen@s de infantil coas súas familias.
Para velo debedes premer na etiqueta samaín  definitivo que aparece debaixo do vídeo.
Moitas grazas a tódalas familias pola súa colaboración.




PANTASMAS!!

Coas vendas e as gasas que mercamos na farmacia fixemos estas pantasmas terroríificas!!



Despois colgámolas no túnel do terror para asustar aos maiores...



mércores, 25 de outubro de 2017

DE COMPRAS NA FARMACIA...

Un curso máis, non podía faltar unha das nosas visitas preferidas e sobre todo agora que en Castrelo temos unha farmacia renovadísima.
Comezamos esta semana facendo a compra para repor cousiñas que nos faltaban no botiquín e coller varias caixas de vendas para facer unha manualidade..
A ver se adiviñades de que se trata??... Pronto veredes o resultado..

FARAMACIA (OUTUBRO 2017) by Slidely Photo Gallery

Moitas grazas ás farmacéuticas que nos recibiron cunha piruleta. Prometemos volver pronto...

ARAÑAS!!

A semana pasada pedímoslles aos nen@s de tres anos unhas medias negras para facer unha manualidade, disfrutamos moito recheándoas de guata... e  quedounos mooooi fea a terrorífica!!


Non vos asustedes se vides visitarnos pois as arañas xa lucen na porta da nosa clase...




ACHÉGASE O SAMAÍN!!!

Xa falta moi pouquiño para o Samaín ou Halloween e nós xa temos as portas das aulas de infantil moi ben decoradas para festexar este día tan terroríiifico!!
A que nos quedaron bonitas!!


domingo, 8 de outubro de 2017

FACEMOS GALLETAS

Comezamos a primeira semana de outubro dun xeito mooi doce: facendo galletas. Pasámolo xenial facéndoas e quedáronnos riquísimas!!

GALLETAS by Slidely Slideshow