Amosando publicacións coa etiqueta halloween. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta halloween. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de outubro de 2025

FESTEXAMOS SAMAÍN-HALLOWEEN!!

 


Despois dunha semana moi intensa, hoxe festexamos o Samaín-Halloween cun día cheo de sorpresas, xogos e moita diversión!!



venres, 29 de outubro de 2021

FESTAXAMOS O SAMAÍN-HALLOWEEN!!

 Hoxe foi un día terroríficamente divertido!! E aínda que nos faltaron moitos compis e os extrañamos un montón, non puidemos deixar de festexar un día tan especial!!


Merenda moi doce e terrorífica!

Comida monstruosa:

Ovos de araña!

Gusanos podridos!

Dentes sanguentos de vampiro!

GRAZAS Á NOSA SUPERCOCIÑEIRA!! ESTABA TODO TERRORÍFICAMENTE RICO!!

... e para rematar o día, bailes no patio con todo o cole.
GRAZAS TEACHER BEA E PROFE LUCÍA!!

No seguinte vídeo tedes un resumo en imaxes do noso día máis terrorífico!!

martes, 29 de outubro de 2019

PORTAS DE SAMAÍN/HALLOWEEN

Así de terroríficamente chulas deixamos as portas das nosas aulas @s pequenos de Castrelo:

AULA DE 3 ANOS





AULA DE 4 E 5 ANOS





MANUALIDADES SAMAÍN HALLOWEEN

@s peques seguimos facendo manualidades de Samaín/Halloween:

Pantasmas coas nosas mans


Portachuches de gatos negros feitos con platos de cartón


PANTASMAS !!


Aínda que ao principio nos parecían caracois... despois de recortar, picar, pintar... quedáronnos unhas pantasmas moi terroríficas!!


luns, 28 de outubro de 2019

PREPARAMOS O SAMAÍN/HALLOWEEN!!

@s pequen@s de Castrelo levamos varios días pintando, recortando, picando...estamos preparando o Samaín/Halloween!!



mércores, 1 de novembro de 2017

CELEBRACIÓN SAMAÍN!!

Despois de varios días facendo manualidades, decorando as aulas e ambientando o cole, chegou o gran día...o día 31 de outubro celebramos o Samaín. Pola mañá baixamos ao túnel do terror a colocar as nosas pantasmas e aproveitamos para retaratárnos no photocall. Despois os alumn@s de 4 e 5 anos decoramos os manteis e preparamos as mesas para colocar as comidas que nos enviaron as familias. A primeira hora da tarde fomos á biblioteca, xunto co resto do cole, alí escoitamos as historias que nos tiñan preparadas os alumn@s de 5º e 6º e despois, mentres os nen@s de primaria baixaron ao túnel do terror, nós pasámolo xenial comendo e maquillandonos. Premendo na etiqueta celebración samaín 2017 podedes ver un pequeno resume do noso día de Samaín... Moitísimas grazas as familias pola vosa colaboración!!

BRUXAS PORTACHUCHES!!

Os nen@s de infantil fixemos estas bruxas para meter as chuches de Samaín.
Quedáronnos terroríficamente preciosas!!


martes, 31 de outubro de 2017

MANUALIDADES FAMILIAS SAMAÍN

No seguinte video podedes ver as manualidades e cabazas que fixeron on nen@s de infantil coas súas familias.
Para velo debedes premer na etiqueta samaín  definitivo que aparece debaixo do vídeo.
Moitas grazas a tódalas familias pola súa colaboración.




mércores, 25 de outubro de 2017

ARAÑAS!!

A semana pasada pedímoslles aos nen@s de tres anos unhas medias negras para facer unha manualidade, disfrutamos moito recheándoas de guata... e  quedounos mooooi fea a terrorífica!!


Non vos asustedes se vides visitarnos pois as arañas xa lucen na porta da nosa clase...




ACHÉGASE O SAMAÍN!!!

Xa falta moi pouquiño para o Samaín ou Halloween e nós xa temos as portas das aulas de infantil moi ben decoradas para festexar este día tan terroríiifico!!
A que nos quedaron bonitas!!