Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
mércores, 1 de novembro de 2017
CELEBRACIÓN SAMAÍN!!
Despois de varios días facendo manualidades, decorando as aulas e ambientando o cole, chegou o gran día...o día 31 de outubro celebramos o Samaín.
Pola mañá baixamos ao túnel do terror a colocar as nosas pantasmas e aproveitamos para retaratárnos no photocall. Despois os alumn@s de 4 e 5 anos decoramos os manteis e preparamos as mesas para colocar as comidas que nos enviaron as familias. A primeira hora da tarde fomos á biblioteca, xunto co resto do cole, alí escoitamos as historias que nos tiñan preparadas os alumn@s de 5º e 6º e despois, mentres os nen@s de primaria baixaron ao túnel do terror, nós pasámolo xenial comendo e maquillandonos. Premendo na etiqueta celebración samaín 2017 podedes ver un pequeno resume do noso día de Samaín...
Moitísimas grazas as familias pola vosa colaboración!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario