martes, 21 de marzo de 2017

PARABÉNS LÚA!!

Este luns celebramos o aniversario de Lúa, que xa ten 5 anos!!
Disfrutamos moito cantando cancións, bailando e degustando  unha rica merenda porque na clase de 3 e 4 anos somos moi larpeiros...
E para finalizar todos os compañeiros lle deron como agasallo uns bonitos debuxos.
Parabéns Lúa!!


luns, 20 de marzo de 2017

PLANETARIO MÓBIL!!

Durante todo o día de hoxe os nen@s do cole de Castrelo pudemos disfrutar do planetario móbil de eduCaixa, que instalamos no pavillón do concello.




Pola mañá foron os nen@s de 1º,2º,3º e 4º e xa pola tarde tocounos aos nen@s de infantil e aos de 5º e 6º.


Vimos a proxección do conto "A nena que sabía camiñar ao revés"

Encantóunos!!!Foi unha experiencia inolvidable!!

domingo, 19 de marzo de 2017

FELICIDADES A TODOS OS PAPÁS!!

Para celebrar o día do pai, traballamos moito e fixémolo con todo o amor que se merecen os nosos papás, porque eles son os nosos verdadeiros superheroes.
A esta hora seguro que todos xa abristes as vosas bolsas

Quedaron moooi bonitas


.... e o que ía dentro tamén...




 MOITÍSIMAS FELICIDADES A TODOS OS PAPÁS!!

martes, 14 de marzo de 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA. CONTACONTOS: "O COCIÑEIRO MARTIÑO"

O 13 de marzo os almn@s de infantil e de 1º e 2º ciclo de primaria, recibiron a visita de Iago López, para contarlles unha divertida historia que acontece no palacio real.alí precisan atopar ao mellor cociñeiropara poder deleitar con exquisitos platos á realeza.
E así aparece Martiño, o noso cociñeiro preferido, que debe preparar un delicioso biscoito!
E para iso conta cuns axudantes de excepción...OS ALUMN@S DO NOSO COLE!!!!

CONTACONTOS "O COCIÑEIRO MARTIÑO" PARA ALUMNOS DE INFANTIL E DE 1º E 2º CICLO DE PRIMARIA by Slidely Slideshow

xoves, 9 de marzo de 2017

XORNADA DE PORTAS ABERTAS!!

O vindeiro mércores 15 de marzo, a partir das 11,  temos xornada de portas abertas para  que o alumnado que se escolarice o vindeiro curso poda vir ver como nos divertimos no noso cole!!



mércores, 8 de marzo de 2017

FELIZ DÍA DA MULLER!!

Os nenos de infantil celebramos o día da muller cun agasallo para as mulleres máis importantes da nosa vida, as nosas queridas mamás.
Mirade que bonitos nos quedaron

venres, 3 de marzo de 2017

EXCURSIÓN OURENSE!!

Hoxe os nen@s de infantil e de primeiro de primaria fomos de excursión a Ourense para ver no auditorio a obra de teatro Osiño. Portáronse xenial e pasaron un día moi divertido.

excursion ourense 3/3/17 by Slidely Slideshow

mércores, 1 de marzo de 2017

LADYBUGS E CHAT NOIR

Os nen@s de 5 anos fixemos antifaces dos nosos debuxos animados preferidos:LADYBUG. Así de guap@s iniciamos as nosas vacacións de entroido as ladybugs e o noso querido chat noir..

GRAZAS PROFE MARTA!!

Despois de toda a festa e alegría que vivimos pola mañá,tiñamos reservado un anaquiño da tarde para un momento moooi especial, algo que aplazamos durante días porque nos producía unha mistura de sentimentos moi extraña. Despois de estar con nós dende o inicio de curso, acompañándonos en todos os momentos importantes, axudándonos cada día e sendo unha máis dentro da nosa clase, chegou o momento de despedir a nosa profe Marta. Deunos moita pena pero entendemos que ten que seguir o seu camiño para ser unha SUPER PROFE, como nos demostrou durante todo este tempo que estivo con nós e ademáis prometeunos que ía vir a vernos mooitas veces. Coma en todas as despedidas importantes houbo intercambio de agasallos, algunha que outra bágoa e como non podía ser doutra forma moooito amooor

DESPEDIDA PROFE MARTA by Slidely Slideshow

MOITAS GRAZAS E MOITA SORTE COMPI, AGARDO PRONTO A PRIMEIRA VISITA!!

XOVES DE COMADRES

Despois do desfile voltamos ao cole, repuxemos forzas e celebramos o xoves de comadres

comadres 2017 by Slidely Sli

deshow

DESFILE DE ENTROIDO!!

Despois de moitos días de duro traballo, este foi o resultado e así de guapísim@s desfilamos por Verín.

desfile entroido 2017 by Slidely Slideshow