mércores, 1 de marzo de 2017

GRAZAS PROFE MARTA!!

Despois de toda a festa e alegría que vivimos pola mañá,tiñamos reservado un anaquiño da tarde para un momento moooi especial, algo que aplazamos durante días porque nos producía unha mistura de sentimentos moi extraña. Despois de estar con nós dende o inicio de curso, acompañándonos en todos os momentos importantes, axudándonos cada día e sendo unha máis dentro da nosa clase, chegou o momento de despedir a nosa profe Marta. Deunos moita pena pero entendemos que ten que seguir o seu camiño para ser unha SUPER PROFE, como nos demostrou durante todo este tempo que estivo con nós e ademáis prometeunos que ía vir a vernos mooitas veces. Coma en todas as despedidas importantes houbo intercambio de agasallos, algunha que outra bágoa e como non podía ser doutra forma moooito amooor

DESPEDIDA PROFE MARTA by Slidely Slideshow

MOITAS GRAZAS E MOITA SORTE COMPI, AGARDO PRONTO A PRIMEIRA VISITA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario