Gustounos tanto que ao chegar á clase fixemos uns debuxos preciosos!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
martes, 23 de abril de 2019
DÍA DO LIBRO!!
Hoxe é o día do libro, e no noso cole festexámolo ao grande... @s nos@s compañeir@s de primeiro e segundo de primaria, representaron o conto "A Cebra Camila" para todo o cole e fixérono xenial. Moitas grazas compis, sodes uns artistas!!
venres, 12 de abril de 2019
... E VEU O COELLIÑO DE PASCOA!!
Hoxe o Coelliño de Pascua pasou polas nosas clases e deixounos os oviños nas nosas manualidades.
Qué contentos quedamos!!
Qué contentos quedamos!!
GRAZAS COELLIÑO!!
HOT CROSS BUNS
Hoxe para rematar o trimestre fixemos un doce moi típico desta época para os ingleses: hot cross bun.
Mirade que ben o pasamos facendoos...e que ricos estaban!!
GRAZAS COMPIS!!
Hoxe Dani, Noa e Sara da clase de terceiro e cuarto de primaria viñeron a facernos unha visita na hora de ler para contarnos o conto do Soldadiño de Chumbo. Fixérono xenial. Moitas grazas compis!!
PARABÉNS SARA!!
Hoxe despedimos o trimestre coa festa de aniversario de Sara, que xa se nos está facendo mooi maior!! Moitísimas grazas pola merenda tan rica que nos mandastes!!
xoves, 11 de abril de 2019
ESTAMOS AGARDANDO POLO COELLIÑO DE PASCOA!!
@s nen@s de infantil fixemos unha manualidade para que o Coelliño de Pascua nos deixe algo doce... a ver se temos sorte!!
mércores, 10 de abril de 2019
UN BONITO RECORDO...
Mirade que chulo quedou o noso tipi!! Como mañá pomos fin ao noso proxecto dos indios coa Gran Festa India, esta tarde cada un de nós elexiu unha cor e deixou as súas pegadas no tipi, un bonito recordo destes meses de investigación e aprendizaxes moi interesantes. Mirade como o fixemos...
PREPARANDO A GRAN FESTA INDIA!!
Este trimestre rematamos o noso proxecto sobre os indios, por iso mañá imos celebrar unha gran festa india!!
Onte e hoxe andamos cos preparativos, porque nas vísperas de festa hai moito que preparar...
Onte e hoxe andamos cos preparativos, porque nas vísperas de festa hai moito que preparar...
domingo, 7 de abril de 2019
OS NOSOS PAUS DE CHUVIA
Despois de moito traballo, por fin rematamos os nosos paus de chuvia.
Clavámoslle os palillos, metésmoslle lentellas, pechamos, pintamos e decoramos.
O venres xa os probamos e polo visto funcionan e todo, porque dende entón non parou de chover!
martes, 2 de abril de 2019
PATRICK TOCOUNOS O FAGOT!!
Hoxe na clase de música tivemos unha sorpresa! O teacher Patrick trouxo o seu fagot e ensinounos como era, vimos as súas partes e sobre todo tocounos unha canción que nos gustou moito..
Mirade que atentos e que ben o pasamos. Grazas teacher Patrick!!
luns, 1 de abril de 2019
RATIÑOS GARDADENTES
@s nos@s pequen@s están medrando, a algún xa lle comezaron a caer os primeiros dentes, e aproveitando que o conto de Turi da última unidade tamén trataba o tema, fixemos unha manualidade preciosa: uns ratiños ou ratiñas para gardar os dentes cando se nos caian. Quedáronnos preciosos e ademáis descubrimos que nos encanta acostura! Seguro que ao Señor Pérz lle encantan!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)