Amosando publicacións coa etiqueta curso 18-19. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 18-19. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

O NOSO PRIMEIRO ANO NO COLE

Hoxe remata o máis atípico de todos os cursos, por iso non vai ser un curso máis, porque este foi especial para todos nós pero sobre todo para @s pequen@s da clase de 3 anos, porque foi o seu primeiro ano no cole. Aínda que non rematou como tiñamos pensado, compartimos moitos e moi bos momentos, aquí vos deixo un pequeno resumo do voso primeiro ano no cole. Despídome coa pena da distancia pero coa certeza de que voltaremos máis fortes!! GRAZAS POR TANTO!!

VIDEO RESUMO DO NOSO PRIMEIRO ANO NO COLE from ceipcastrelodoval on Vimeo.

martes, 29 de outubro de 2019

PORTAS DE SAMAÍN/HALLOWEEN

Así de terroríficamente chulas deixamos as portas das nosas aulas @s pequenos de Castrelo:

AULA DE 3 ANOS





AULA DE 4 E 5 ANOS





venres, 27 de setembro de 2019

CONTO CON LANTERNA!!

Hoxe na clase de 3 anos estivemos contando o conto de Carapuchiña Vermella dun xeito moi especial: proxectado con unha lanterna máxica no teito da nosa aula. Foi unha experiencia moi relaxante e divertida!!



sábado, 22 de xuño de 2019

GRADUACIÓN INFANTIL

Hoxe foi un día moi especial, unha parte dos pequenos de Castrelo pasan a primaria. Despois dun duro ano de traballo, risas, algunha bágoa e moitas alegrías rematan unha das etapas máis especiais das súas vidas.En setembro outra clase e outra profe estaránvos esperando pero eu levareivos sempre, con moito orgullo, no meu corazón. Deixovos o vídeo para que recordedes esta etapa con moito cariño

VIDEO INFANTIL from ceipcastrelodoval on Vimeo.

Moitas grazas por tanto pequenos!!

xoves, 13 de xuño de 2019

TOCAMOS A TROMPA!!




Hoxe na clase de música estivemos coñecendo un instrumento novo. A profe Estefanía tróuxonos a súa trompa, foi moi divertido!!





xoves, 6 de xuño de 2019

VIVA A MÚSICA TRADICIONAL!!


Hoxe recibimos a visita de Ramón e Jose, de Candaira, viñeron facernos unha demostración de instrumentos musicais tradicionais e a convidarnos esta fin de semana á Frasca que se celebrará no parque do Terrón en Castrelo.

Fixéronnos pasar uns momentos moi entretidos, podedes velo no seguinte video.
Moitísimas grazas!!



CONTACONTOS

@s nen@s de infantil e primeiro ciclo de primaria estamos disfrutando dunha sesión de contacontos con Sabela Gago.

E vendo as nosas caras, nótase que o estamos pasando xenial!!



martes, 4 de xuño de 2019

PARABÉNS IRIA!!

Seguimos celebrando!! Hoxe Iria cumpriu un aniño máis e para festexalo convidounos a merendar. Moitísimas grazas a sua familia pola riquísima merenda que nos mandaron.


venres, 31 de maio de 2019

PARABÉNS XABIER!!

Hoxe un dos nosos pequenos, xa deixa de ser tan pequeno e celebra o seu último cumple en infantil. Moitísimas grazas a Xabi e a súa familia por compartir unha riquísima merenda con nós.

martes, 28 de maio de 2019

OS NOSOS GRADUADOS!!

Na clase dos maiores seguimos preparando todo para despedirnos de infantil como nos merecemos.
Hoxe rematamos os nosos murales e colgámolos no pasillo de infantil, ese polo que pasamos tantas veces ao día para chegar á nosa clase  e  polo que a partir de setembro xa non será tan habitual vernos..aínda que a profe espera algunha visitiña de vez en cando!!




sábado, 25 de maio de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO!!

Onte @s nen@s do cole de Castrelo fomos de excursión ao centro de ocio Acougo, para disfrutar dun día de actividades en contacto coa natureza. Aquí tedes un pequeno resumo en fotos das actividades que fixemos.

xoves, 23 de maio de 2019

ESTREAMOS PORTA!!


Na clase dos maiores estreamos decoración da nosa porta. Aos  de 5 anos quédanos un mes en infantil e imos celebralo como se merece, porque somos uns campións!!

xoves, 16 de maio de 2019

EN GALEGO NOSO O MUNDO É!!!


Unha das moitas actividades que fixemos este ano para o día das Letras Galegas foi aprender a canción de Brinca vai: "Meu o mundo é", entre tod@s gravamos o seu video.

Aquí tedes o resultado, como vedes, pasámolo xenial!!:

 

XINCANA LETRAS GALEGAS

Xa comezamos pola mañá coa feira do libro e de tarde seguimos coas celebracións facendo unha xincana sobre Antón Fraguas, o autor homenaxeado este ano,como fin de festa contamos co son das gaitas en directo!! Mirade que tarde tan divertida pasamos!!

FEIRA DO LIBRO

@s nen@s do cole de Castrelo levamos varios días xuntando eurocastrelos para poder mercar libros na Feira do Libro que celebramos dentro dos actos para conmemorar o dDía das Letras Galegas. Hoxe cos petos cheos de eurocastrelos mercamos moitos libros para levar para a nosa casiña e rematamos a feira dun xeito moi doce: comendo bica!!

PARABÉNS RUBÉN!!

Hoxe Rubén cumpre 5 aniños e quixo celebralo con nós convidándonos a unha rica merenda. Moitas grazas familia. PARABÉNS RUBÉN!!


luns, 13 de maio de 2019

PARABÉNS NEREA!!

Hoxe unha das nosas pequenas máis pequenas está de cumple e celebrámolo merendando no parque do Terrón. Grazas pola merenda!!



mércores, 8 de maio de 2019