mércores, 30 de novembro de 2022

FOMOS VER AO RATIÑO PÉREZ!!

 

Hoxe os nenos de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria fomos ao auditorio de Verín a ver ao Ratiño Pérez. O señor Pérez, chegou hoxe a Verín e vai quedar por aquí a pasar o Nadal!! Pasámolo xenial e regaláronnos un conto!! Moitísimas grazas á Fundación Dentalnova e ao Concello de Verín por convidarnos. Papás, non vos esquezades de levarnos ver a casa do Ratiño Pérez que estará durante este Nadal na praza da Mercé



venres, 25 de novembro de 2022

25 N: MONSTRUO PEQUEÑO DICE NO!

 Como parte das actividades que realizamos no cole para conmemorar o 25 N, hoxe,  Mara e Nahia de 6º de primaria, viñeron á clase de 5 anos a contarnos un conto: "Monstruo pequeño dice no". Gustounos moito!!





xoves, 24 de novembro de 2022

ROLE PLAYING 25 N

Mañá é 25 N, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, na clase de 5 anos, aproveitando esta data, traballamos a técnica do Role Playing, por grupos  simulamos unha mesma acción pero de xeitos moi diferentes: en  negativo, o  que debe evitarse, o que nunca debe ocurrir e debemos rexeitar; e de xeito positivo, que é o que queremos que suceda no día a día. Somos uns estupendos actores e actrices!! ... e ademáis como xa somos moi maiores comprendemos perfectamente a mensaxe desta conmemoración

Imprimimos as conductas negativas en branco e negro e as positivas en cor e decoramos a nosa porta.







mércores, 16 de novembro de 2022

FACEMOS BISCOITO

Os nenos da clase de 5 anos, despois de ver o conto da nova unidade,  tivemos a xenial idea de facer un biscoito como o de Cora. O luns fomos ao Lito a por os ingredientes, tíñaos todos, ata os polvos máxicos! Hoxe fixemos o biscoito, seguindo a receita de Cora. Pasámolo moi ben e quedounos riquísimo!!



martes, 15 de novembro de 2022

PARABÉNS NOA!!

Hoxe a nosa princesiña Noa está de cumple!!  Na clase festexámolo cunha rica merenda que fixo coa súa nai. Agora xa todos os da clase de 5 anos, temos 5!! PARABÉNS NOA!!



luns, 14 de novembro de 2022

FOMOS DE COMPRAS Ó LITO

Hoxe os nenos da clase de 5 anos fomos de compras á tenda do Lito. Tiñamos moitas ganas de ir dende a semana pasada pero sempre chovía... No conto da última unidade, Cora axudaba ao seu papá a facer un rico biscoito e nós que estivemos moi atentos, anotamos todos os ingredientes. Hoxe por fin puidemos ir facer a compra e na tenda do Lito tíñanos todos!  Moitas grazas Ceci pola paciencia e polas galletas!! 




venres, 11 de novembro de 2022

MAGOSTO 5 ANOS

 Hoxe festexamos o magosto no parque do Terrón, pasámolo xenial, xogamos un  montón, tiñamos colchoneta e inauguramos a nova tirolina do parque. Foi un día xenial!! Mirade que ben o pasamos!