Amosando publicacións coa etiqueta 25 de novembro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25 de novembro. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de novembro de 2023

EDUCACIÓN INFANTIL: 25 N

 Os máis pequenos de Castrelo non tiñamos moi claro que era a violencia, pero sí temos claro as cousas que nos gustan e as que non. Todos coincidimos en que nos encantan as caricias, os bicos, as cóxegas e as palabras bonitas e non nos gusta nada que nos peguen, que nos berren, que nos empurren ou nos insulten. Por iso hoxe, para conmemorar o 25 N, fixemos bolboretas violetas coas pegadas das nosas mans, unhas mans ás que lle gusta acariñar.





 

 

venres, 25 de novembro de 2022

25 N: MONSTRUO PEQUEÑO DICE NO!

 Como parte das actividades que realizamos no cole para conmemorar o 25 N, hoxe,  Mara e Nahia de 6º de primaria, viñeron á clase de 5 anos a contarnos un conto: "Monstruo pequeño dice no". Gustounos moito!!





xoves, 24 de novembro de 2022

ROLE PLAYING 25 N

Mañá é 25 N, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, na clase de 5 anos, aproveitando esta data, traballamos a técnica do Role Playing, por grupos  simulamos unha mesma acción pero de xeitos moi diferentes: en  negativo, o  que debe evitarse, o que nunca debe ocurrir e debemos rexeitar; e de xeito positivo, que é o que queremos que suceda no día a día. Somos uns estupendos actores e actrices!! ... e ademáis como xa somos moi maiores comprendemos perfectamente a mensaxe desta conmemoración

Imprimimos as conductas negativas en branco e negro e as positivas en cor e decoramos a nosa porta.







xoves, 25 de novembro de 2021

25 N EN 4 ANOS

 


Para conmemorar o 25 N, vimos o conto : "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"


Despois de ver o conto coloreamos a Carlota, de todas as cores, menos de rosa, porque a Carlota non lle gustaba o rosa.
Falamos sobre o conto, sobre Carlota, sobre nós, sobre o que nos gusta facer e o que nos gustaría ser... e foinos fácil escoller as palabras para a actividade conxunta de todo o cole, cada equipo escolleu unha palabra, as palabras do que lle gustaba facer a Carlota: saltar, correr, brincar e viaxar.




mércores, 25 de novembro de 2020

25N : NON É NON!!

Hoxe conmemoramos o 25 N, como este ano é moi especial, fixemos actividades nas aula por separado...

...pero tamén fixemos algo común, preparamos un baile e cantamos contra a violencia de xénero, coa canción "Yo sólo quiero bailar" de Miguel Ángel Maroto Negrete.
Mirade como nos divertimos!!







luns, 25 de novembro de 2019

25-N:¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!



Hoxe @s nos@s pequen@s chegaron a casa coas uñas pintadas de cores!!... porque no cole conmemoramos o 25 de Novembro traballando o conto "¡Vivan las uñas de colores!".



Deixámosvos un vídeo do conto. Agardamos que vos guste porque a nós encantounos!!


Sabedes por qué tod@s nos pintamos as uñas?...
Pois porque a tod@s nos gusta!!
Pasámolo xenial!!




Despois pintamos unha man para o mural conxunto de todo o cole



Mirade que bonito nos quedou

E pintamos as uñas, picamos e recortamos unha man  para levar para casa


VIVAN AS UÑAS DE CORES!!!










venres, 23 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO

Hoxe levamos para casa un collar moi especial para conmemorar o 25 de Novembro.
Entre todos decidimos que as nosas mans van servir para acariciar, agarimar, axudar, abrazar, facer cóxegas...



xoves, 22 de novembro de 2018

CONMEMORAMOS O 25 DE NOVEMBRO


Faltan moi poucos días para o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, no noso cole comezamos hoxe coas celebracións.
Esta tarde @s amigos do obradoiro da mancomunidade viñeron a representarnos un conto, que nos gustou moito, para traballar este tema


 De seguido fomos a clase e pintamos un debuxo sobre o conto



Tamén fixemos un marco precioso coas nosas mans 


O mural completárono os maiores do cole, os nosos amigos de 5º  e  6º. Foi un bo traballo en equipo!